Polo noso tren.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Trátase de salva-lo tren do pobo liso e chan. Ese tren que acotío usan centos de persoas para ir e regresar do traballo, para acudir a estudar, desprazarse ó médico, saír de compras ou sinxelamente polo pracer de viaxar en tren, ou outros que ou non teñen idade ou a sobrepasan para conducir un vehículo, e en definitiva cantos non poden dispor de automóbil de outro medio propio. E incluso dalgúns que aínda posuíndo tal, prefiren usalo tren por mor de evitar atascos de circulación, perigosidade nas estradas, etc.

Xa se farán de conta que estamos a falar do tren de proximidades que nos queren quitar, tratando de xustificar a súa supresión pola futura aparición do AVE, sen que «ese pobo» do que ao comezo falamos poida comprender porque non han de poder seguir prestando o seu inestimable servizo os actuais trens de proximidades ademais do AVE, cando chegue, considerando ámbolos dous perfectamente compatibles, ao tempo que os cidadáns se sentirían moito mellor atendidos.

Así o entenden a maioría dos habitantes dunha poboada zona comprendida entre Pontevedra e Santiago, polo que se dispoñen a amosar a súa negativa a tal supresión mediante unha manifestación o vindeiro 7 de maio, ás 8 do serán, no paseo da alameda de Santiago de Compostela. Dicir tamén ao respecto que xa nestes momentos resulta sinxelamente penoso enxergar a calamitosa situación de abandono en que se atopan algunhas das estacións de Renfe no citado percorrido.

¡OGALLÁ! as protestas cheguen aos oídos dos que realmente poden solucionar o problema para ben de todos.

Por José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón. TIERRAS DE SANTIAGO, 29/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.