Charlas para pais/nais no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No CPI Pontecesures estase levando a cabo un programa de prevención do consumo indebido de drogas con tódolos alumnos/as da ESO coa pretensión de informar ó alumnado sobre este fenómeno e, sobre todo, fomentando habilidades e recursos persoais para que se poidan protexer co fin de evitar posibles problemas nun futuro.
O consumo indebido de drogas é un problema real e grave do nos país; o número de xoves (e non tan xoves) que teñen problemas coas drogas segue a aumentar: polo que debemos manternos informados e informar ós nosos fillos/as a través da escola pero tamén é fundamental o apoio dos pais/nais.
? necesaria a comprensión dos pais, o diálogo e a dispoñibilidade para que os fillos tomen conciencia de cales son as actitudes e comportamentos máis axeitados para rexeitar calquer posible ofrecemento de consumo de drogas.

Para abordar e falar deste tema, haberá dúas reunións na Biblioteca do CPI Pontecesures o XOVES día 29 de MAIO ás 20:30 horas e o MARTES, día 3 de xuño, tamén ás 20:30 horas. A charla do día 29 de maio será sobre os FACTORES DE RISCO E DE PROTECCI?N, mentres que a do día 3 de xuño tratará sobre ESTILOS EDUCATIVOS. ¿COMO IDENTIFICAR SE O MEU FILLO/A CONSUME DROGAS? ¿QUE FACER?.

O CPI Pontecesures fai un chamamento para que se asista a estas charlas pola importancia do tema.

Categorías: Educación

1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2008 a las 23:10

A charla, impartida por Manolo Isorna, foi moi interesante. Aínda que estaban convocados tódolos pais/nais dos alumnos/as da ESO, só asistimos cinco persoas. ? realmente unha mágoa.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.