Peregrinación mariana a Fátima.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Organizada pola Parroquia de Pontecesures, do día 27 ó 29 de xuño, haberá unha peregrinación mariana a Fátima.
O venres día 27 a excursión sairá de Pontecesures ás 9 horas, con visita á cidade de Braga e ó Santuario de Bom Jesús do Monte. O xantar sera en O Samieiro. ? atardecer chegará a expedición a Fátima e alonxaranse os peregrinos nun hotel a 50 metros do Santuario.
O Sabado díza 28 os asistentes participarán nos actos litúrxicos
O domingo día 29 e despois de asistir a unha misa en grupo, sairá o autobús de Fátima ás 11 horas para xantar en Porto e visitar esta cidade ó mediodía. Pola tarde visitarase Valenca do Miño estando prevista a chegada a Pontecesures para ás 21 horas.
O prezo da viaxe e da estadía é de 135 ? e o prazo de inscrición remata o día 4 de xuño. Os interesados deben poñerse en contacto co párroco Arturo Lores Santamaría.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.