A ORQUESTRA PANORAMA ESTARÁ O MARTES 17 DE XU?O,EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA 107.4 FM

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

O martes 17 de xuño,por cousa extrana que pareza,haberá «Palco de Estrelas» de Radio Valga,polo que o xoves desa semana non haberá «Palco de Estrelas»,debido a uns «problemas técnicos» de axenda do presentador Daniel Seijas.En todo caso,ese martes estarán varios dos membros dunha das orquestras máis afamadas de toda Galicia,a orquestra Panorama de Caldas de Reis.Este ano a orquestra conmemora o seu 20 aniversario coa xira «Panorama All Star 2008».Unha das novidades deste ano, e que cos beneficios recadados coa venda dos seus CDs,serviran de axuda para a Asociación Española de Lucha contra el Cáncer.Esta orquestra,representada para a zona por Espectaculos Carlos,actuará o 15 de xuño en Cordeiro coa orquestra Marbella,e moi pretiño de nos,pero que moi preto ….o domingo 6 de xullo tamén poderemos ver a Panorama,sin ter coller o coche.

Categorías: Cultura

1 comentario

DANIEL SEIJAS S.L. · 17-06-2008 a las 13:14

Despois do éxito do xoves pasado coa presencia da orquestra Trébol,con Javier Bardanca,Maria Jesús e Sito Mariño,hoxe martes visitan os estudios centrais de Radio Valga os membros da orquestra Panorama : Lito Garrido (voz e encargado da orquestra) Irene Iglesias (voz),Diana Cea (voz),Luis Parada «Yankee» (tecnico de son) e Gotchi (responsable de marketing de Panorama e Espectaculos Lito).Como din na sección de noticias da súa paxina http://www.orquestapanorama.com van traer cd e camisetas para agasallar entre os ointes.Cousa habitual neste programa,e que tamén fixo a semana pasada a superorquestra Trébol

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.