O Concello de Pontecesures contratará a dous auxiliares administrativos por 10 meses.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Consellería de Traballo concedeu unha subvención 22.587 ? ó Concello de Pontecesures para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación 2008. Esta cifra está destinada á contratación de dous auxiliares administrativos para traballar na Casa do Concello e noutros locais. A duración dos contratos será de 10 meses a xornada completa.
O luns día 4 de agosto será presentada na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, a correspondente oferta de emprego. Por esta razón infórmase ós/as auxiliares administrativos que teñan a condición de desempregados/as, que comproben en dita oficina os datos da súa inscrición para poder optar a estes postos.
Logo de realizar unha sondaxe baseado nas condicións que ses reflecten na Orde que regula as subvencións, será enviada á Casa do Concello unha relación de preseleccionados/as que serán citados pola oficina de Vilagarcía para presentarse nesta administración municipal. Un tribunal será encargado da selección dos dous postos en base as probas, méritos ou entrevistas que determine.

Pontecesures, 2 de agosto de 2008

Categorías: Concello

8 comentarios

O opositor · 3-08-2008 a las 00:33

Je je. Otra guerra del bloque supongo, armarán una jauría, con los trabajadores que de aquí salgan seleccionados, y luego se esconderán. Es una buena estrategia política. He de decirle al grupo de gobierno que presume de «claridad en sus actuaciones», que más de una vez se puso en duda (por parte de la oposición) la actuación de los ¿»funcionarios»? en la comisiones de selección del personal laboral; adopten pues otra actitud, señores del gobierno municipal y dejen participar a otros interlocutores sociales en los procesos de selección como son los representantes legales de los trabajadores, (regulen su actuación, pero déjenles presenciar y vigilar los procesos selectivos) ¿cuál es el problema, no?

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-08-2008 a las 01:00

Espliquei con claridade como é o proceso «O opositor». Non ter porque haber problemas.

manolo · 4-08-2008 a las 12:47

Unha pregunta, invitar a un representante sindical inda que sexa solo para ollear ao proceso de selección, sería moi complicado?

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-08-2008 a las 14:09

Non sería complicado «manolo». Tamén a ONU envía a algún comisionado para comprobar determinados procesos electorais en paises de pouca tradición democrática (espero que o entendas coma un chiste).
Fora bromas; vou propoñer que se faga á presidenta da corporación.

manolo · 4-08-2008 a las 14:29

Moi bo Sabariz, como chiste é boísimo!!! En serio, creo que é o mellor que largaches aquí. «pouca tradición democrática». Eso foi moi bo, e agora en serio, tamén foi moi boa a segunda parte do comentario. Invitar a un representante sindical ao preoceso selectivo, aparte de garantir un proceso máis xusto, deixaría ao grupo do BNG sen cartas para o xogo, e ao goberno cartas para «enchufar»,sobre todo dada a condición política dos representantes. Acabaríanse as especulacións sobre a legalidade do proceso? Penso que si, e dada a solución tan fácil, gañariamos TODOS.
Que sepas que estou imprimindo o teu comentario anterior.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-08-2008 a las 14:47

Aprecia a diferenza «manolo»: O ex alcalde deixou á oposición fóra do tribunal de selección do alumnado do obradoiro de emprego, incumplindo, nada menos, que un acordo plenario. Había chamadas dende o concello a persoas para contratalas directamente a dedo. Se retrasaba a presentación de ofertas de emprego para que persoas afíns, coas que se falara previamente, tiveran tempo de ir a Vilagarcía a inscribirse na oficina de emprego. Una concelleira dixo nun pleno que a muller dun cuñado meu non era «adecuada» para ser conserxe (era a única de Pontecesures na relación, e para non collela, pediron máis xente, nun feito sen precedentes). Un peón pasou a oficial a dedo, sen promoción nin proba algunha (claro, membro da asemblea local do BNG) e tantas cousas máis.
Iso agora xa non ocorre, e reitero que confío plenamente nos tribunais.
Por certo; imprime este comentario tamén. Un saúdo.

manolo o do bombo · 4-08-2008 a las 15:46

Dios mio de mi vida sabariz,que non ocorre o enchufe,que te crees que a xente e tonta sempre houbo e habera ,os do bng recordoche que tuveron 838 votos por algo sera,a pesar das traicions e os intereses que houbo polo medio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-08-2008 a las 16:31

Parece que xustificas as actuacións do goberno anterior, e que cos votos xa queda todo solucionado. Para mín non é así. ¿Que por traicións ou intereses non tivo máis votos o BNG?. Pero ¿de quen?. Non entendo: ¿Aínda esperábades máis sufraxios?.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.