?ltima hora: Catro feridos nun incendio dunha vivenda en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as 14:15 horas da tarde de hoxe houbo un incendio no primeiro andar do edificio situado en Agro do Muíño nº1 (na rúa de entrada ó antigo Bar «O Coleixón», dende a rúa Portarraxoi). Na vivenda había, ó parecer, seis persoas, e resultaron feridas con queimaduras catro (Dolores Pardal Moure de A Toxa, de 47 anos, un fillo, unha filla e un neto de dous anos). Tres delas foron evacuadas en ambulancia, e o neno pequeno nun helicóptero do 112 dende as proximidades de Nestlé.
Ata agora descoñécense as causas do incendio (está a envestigar a policia científica) e na extinción do lume participaron efectivos de Protección Civil de Pontecesures, Valga e Padrón.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.