Melloras na biblioteca municipal de Pontecesures.
Nestes días estase a reparar a carpintería exterior de madeira da biblioteca municipal, situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobo» de Pontecesures.
A carpintería deste edificio antigo leva moito tempo en malas condicións e resultaba imprescindible adoptar medidas para evitar filtracións de augas no interior do edificio, ademais para mellorar a estética do edificio que foi onde estivo a sede da Casa do Concello ata principios dos anos setenta.
Tamén foron instalados catro ordenadores para uso diario dentro do programa «Internet nas bibliotecas». Agora contamos con sete ordenadores en total, e pode prestarse un servizo máis axeitado ó crecente número de usuarios que ten a nosa biblioteca municipal.
Por último, realizáronse cambios na distribución das estanterías e outros elementos das instalacións, para facilitar a utilización das mesmas.
2 comentarios
manolo o do bombo · 15-09-2008 a las 22:14
SABARIZ haber si lle compras a cacharra uns cantos libroos para que teña mais educacion queos que hai na biblioteca non lle chegan.
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-09-2008 a las 23:39
Non, «manolo o do bombo». Os libros que agora teño que comprar son os de texto co comezo do curso escolar.