Torneo de nadal Concello de Pontecesures.

No campo de fútbol Ramón Diéguez, haberá o venres 26 de decembro encontros de fútbol deste torneo co seguinte harario:

Categoría benxamín «A»: PONTECESURES C.F.-PONTEVEDRA C.F., ás 11:00 horas.
Categorías benxamín «B» e prebenxamín: PONTECESURES C.F-CORDEIRO C.F., a partir das 16:30 horas.

Organiza o Pontecesures C.F e colabora o Concello de Pontecesures.

Actividades para maiores no Concello de Pontecesures.

Obradoiro de Pintura. Os mércores de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil.
Obradoiro de Cestería. Os venres de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil

Os/as participantes de ter de 50 a nos de idade en adiante e os obradoiros son de balde.
A inscrición debe realizarse no Servizo de Atención Primaria do Concello ou nos teléfonos segunites: 986 557125 e 986 564409

Boas noticias para a comarca do Sar.

A nova tróuxonola a prensa. Era algo que se esperaba con ansiedade e polo que se veu loitando con sobrados argumentos que ó fin veñen ser recoñecidos polo Goberno autonómico ó facerse cargo a Xunta do ferrocarril de proximidades Pontevedra-Santiago, sendo garante da permanencia das estacións de Catoira, Cesures, Padrón e Escravitude.

Non imos falar de novo da grande importancia que para esas comarcas supón. En toda a bisbarra do Sar está a ser moi celebrado e pódese augurar o incremento que sen dúbida vai a experimentar o uso do ferrocarril no futuro, dadas as grandes vantaxes que este medio de transporte ofrece en seguridade. Asemade, causou satisfacción a información de que tamén Medio Ambiente acometerá a rexeneración dos nosos ríos, entre eles o Sar, dotando ao mesmo tempo as súas ribeiras dun paseo fluvial semellante ao xa existente no tramo sur, dende Padrón á desembocadura do río.

Por outra parte, o outono padronés veu acompañado dun amplo programa cultural que abrangueu, ademais dos actos organizados polo propio Concello e centro social, a presentación ao público nada menos que de dous libros dos que xa se deu noticia pero que cabe lembrar de novo, tanto o de Xosé Carlos Beiró Piñeiro, sobre a historia do convento dos Carmelitas Descalzos en Padrón, como o de Miguel Piñeiro Moure, en torno á pesca, ás famosas pesqueiras e todo un mundo en torno a tan singular peixe de río do que como dixo o Chef Rivera: «Hai persoas que percorren máis dun cento de quilómetros para saborear tan suculento manxar e outras que non dan dous pasos por ela». Ou sexa, que non hai termos medios, «gusta ou non gusta, e punto.

Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 23/12/08

Faleceu Alfonso Gasamanes Cortés.

Aos 87 anos faleceu no día de hoxe, Alfonso Gasamanes Cortes, viúvo de Peregrina «A Canteira» e residente na rúa dos Mariñeiros nº2 de Porto.
Alfonso, estivo ligado moitos anos ao servizo municipal de augas e o seu fillo, Alfonso Gasamanes Barreiro, foi tamén perante varios anos concelleiro de Pontecesures.
O cadáver está a ser velado na Sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Dende alí sairá mañá, dia de noiteboa, a comitiva fúnebre ás 16:30 horas, para que ás 17:00 horas teña lugar na Igrexa Parroquial a misa funeral e o posterior soterramento no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

ANTIA SANMARCO E SERGIO MARTINEZ, DO C.B. RIO ULLA DISPUTARON CA SELECCION AROUSANA DE BALONCESTO ALEVIN UN TORNEO CLASIFICATORIO

Foi este pasado sábado 20 de decembro en Carril (Vilagarcia), onde se celebrou un torneo clasificatori de sleccions zonais, en concreto da zona sur de Galicia. Acudiron Ourense, Vigo e Arousa, tanto nas categorias masculina coma femenina. Cada seleccion está formada por 10 xogadores ou xogadoras.

Pois ben, na Arousana o C.B. Rio Ulla estivo representada tanto na categoria masculina coma na feminina. Antia e Sergio foron convocados para este torneo.

Ambos tiveron a ocasion de xogar moitos minutos en cada un dos 2 partidos que xogaron: un pola mañá e outro pola tarde.

As chicas impuxeronse claramente nos 2 partidos; e os chicos gañaronlle a Vigo pola mañá, e perderon contra Ourense pola tarde na prorroga, logo de ir por diante todo o encontro.

Este é o 1º torneo do ano. En febreiro acudirán a Sarria e a finais de temporada (fins maio xogarase o campionato definitivo de seleccions). Sergio e Antia teñen moitas posibilidades de estar cas súas seleccións o resto da tempada. Antia ademais é alevin de 1º ano, polo que se sigue con esta progresión, pode repetir na vindeira temporada.

 Sergio e Antia

 

CELEBRADA A 2ª CONCENTRACION DE BENXAMINS EN PONTECESURES

O pasado domingo 14 celebrouse en Pontecesures a 2ª xornada das concentracions de baloncesto benxamin (7, 8 e 9 anos). Participaron na mesma os integrantes das escolas de baloncesto de Valga, Pontecesures e 2 equipos do Meco de O Grove.

Habilitáronse 2 pistas para xogar partidos simultaneamente. Non se leva resultado nin hai ningun tipo de clasificación.

 

 

 

  

Participantes dos 4 equipos da concentracion benxamin do 14-12