Máximo Sar cita la Fiesta del Churro de Pontecesures en un artículo.

Se dan casos curiosos. En Pontecesures, puestos a cavilar sobre la invención de un nuevo festejo gastronómico, no se les ocurría nada y un chaval que pasaba por allí gritó:¡Churros!…Claro, ¿cómo era posible que no se dieran cuenta antes, si la patria de los periodistas y artistas, fue también la de Ángel Doce, «Mambís», que esparció or todas las festividades gallegas mambises a cientos, más o menos descendientes del patriarca, y todos dedicados a la industria de la churrería?…Asunto arreglado.

Extracto del artículo «Las costumbres que se fueron» de Máximo Sar. Especial «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 09/11/08

BALONCESTO: DERROTA (56 – 49) NA CASA DO LIDER PORTONOVO QUE TIVO QUE SUFRIR ATA O FINAL.

LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 56
EXTRUGASA RIO ULLA = 49

Gulli (6), Peñaño (4), Pedrito (-), Pino (6), Pedro (-), Nacho (3), Santi (6), Arturo (11), Felipe (7), Pepi (6) .

 Derrota nos últimos minutos ante un equipo que vai líder na categoría, pero ó que Extrugasa tuteou en todo momento. Partido limpo, cun bo arbitraxe e no que primou a deportividade entre 2 equipos que se coñecen ben. Con un pouco mais de acerto a victoria podería ter cambiado de bando, pero o acerto final dos seus homes exteriores (moi boa a tripleta Julio, Berto e Norat) decidiu para os locais. 

De inicio Extrugasa empezou moi forte en defensa (non coma a semana pasada). Portonovo apenas podía facer tiros cómodos, e os cesureños puxeronse diante. A defensa individual de Portonovo era rota por Pepi e Santi que asistian a Pino (min 5: 1 ?? 8). Como Portonovo non metía apenas podia presionar, e Extrugasa estaba cómodo. Santi e Nacho mantiveron ó Extrugasa diante (8 ?? 14) neste 1º cuarto. 

No 2º cuarto Portonovo incrementou a presión e recuperou mais balóns. A súa consigna foi clara, que o Extrugasa non xogase dentro da zona local. Conseguironno os locais e puxeronse diante no remate do cuarto (22 ?? 19). Extrugasa só anotou 5 puntos neste cuarto. 

No 3º cuarto 2 triplas de Gulli anularon a diferencia local (25 ?? 26) e a partir de ahí apareceu un protagonista: Arturo, que no poste fixo moito daño. 10 puntos del neste cuarto puxeron ó Extrugasa de novo diante: 38 ?? 39. 

E no derradeiro cuarto ambos equipos se vaciaron en defensa. Así, logo de 6 minutos o marcador estaba 42 ?? 43 para os cesureños. E houbo unha xogada que poido ser clave: Arturo falla unha bandexa, logo de romper a presión e irse só á canasta. Inmediatamente empataron os locais e a partir de ahí Norat 1º con 7 puntos seguidos e logo Julio con 6 (1 tripla cada un) sentenciaron o partido. Así quedando pouco mais de medio minuto Extrugasa perdía de 2, pero unha tripla con moita sorte, pois foi rozada por Gulli sentenciou o encontro para Portonovo. 

 Agora toca recibir para a semana a un Meco do Grove en horas baixas, pois tamén  esta co mesmo resultado que Extrugasa (1 victoria e 3 derrotas). Non parece dende logo o equipo dos anos anteriores que se xogaba a liga contra o Laxe, e que apenas perdía partidos. ¿Qué Extrugasa encontraremos para a semana? A solución o vindeiro sábado pola tarde en Pontecesures.

O día 11 de novembro, sesión da Comisión de Contas do Concello de Pontecesures.

Será ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1. Acta anterior.
2. Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para a dotación de novo alumeado público neste concello.
3. Ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou apreveitamento especial do dominio público local polas empresas subministradoras de servizos de telefonía móbil. Acordo de imposición e aprobación provisional.

A xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures, pide desculpas por problemas no comezo da actividade de natación.

Dita xunta directiva ven de facer pública dirixida ós socios/as solicitando desculpas aos pais/nais dos nenos/as que participan na actividade de natación na piscina de Padrón polo «mal entendido» do primeiro día cos pagos da mensualidade. Aproveitan a nota para lembrar que os pagos débense facer trimestralmente na propia piscina nos 15 primeiros días do trimestre. De non facelo así, os nenos/as causarán baixa automática.