Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.


11 comentarios

Borrachuzo · 9-01-2009 a las 18:58

Si señor, tiene razón Sabariz porque la cabalgata estuvo muy, pero que muy bien. En general en materia de festejos y celebraciones este gobierno lo está haciendo mucho mejor que el del alcalde anterior, hay más gente implicada, más alegría. Por ejemplo la fiesta del churro un 10, las fiestas del Carmen mucho mejor, el desfile de carnaval bien, el maratón, la fiesta de la bicicleta, y hasta me dijeron que el cine en el centro social, antes había una pantalla de mierda y ahora hay una grande en la que se ve mucho mejor

Becquer II · 10-01-2009 a las 19:25

Magnífica cabalgata
que todo el pueblo siguió
a mi también me extrañó
pues nadie metió la pata.

manolo o do bombo · 10-01-2009 a las 19:59

Pues si Borrachuzo,en eso te doy la razón es para lo que vale el tripartito para fiestas,y el que no colabore ya esta la alcaldesa poniendo firmes a todos ,mando y ordeno y hago saber.

estudiante · 11-01-2009 a las 13:11

Falando de festas, «Manolo o do Bombo» comentaban na de Elías esta semana que o dia da festa do patrón o cura invitou a uns pinchos á corporación, os jaiteiros, etc, e o Sabarís deixou os jaiteiros sen tortilla para «pasarllas» á familia. Jai que darlles de comer na casa, joder. No dijo sempre eu, UNHA PENA.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 14:08

Os gaiteiros fixeron un bo labor o día do patrón, nun día de frío tremendo. Fun a chamalos persoalmente para que tomaran algo e achegueille algúns pratos doutras zonas da mesa. Tamén o fixen con membros da miña familia, e outras persoas, que quedaran fóra das mesas.
Cando hai falla de educación e de respecto, «estudiante», pouco se pode dicir ou debater. Estou acostumado a todo tipo de ataques. Provoca tristura pensar que en Pontecesures temos persoas que son quen de realizar este tipo de comentarios. Pero é o que hai

manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 15:40

Pois no me parece correcto,que se apuntara a tua familia a comer os pinchos,para eso ibamos todos e non tiña que pasar traballo a miña señora a facer de comer,canta ventaxa ten a familia dun concelleiro non hai nada mellor neste pobo que estar metido na politica non si señor Sabariz.

o chiquitas · 11-01-2009 a las 15:46

Eu xa teño oido estudiante que donde hai pinchos ali esta a familia de Rolan.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 16:58

Pois todos estabamos convidados polo párroco para tomar un pequeno aperitivo no día de San Xulián. E a miña familia tamén, claro.
Ataques furibundos, mala educación, falla de respecto á miña familia. Parece que esa é a tónica. Aguanto ben. Dou a cara, non me agocho e cando as acusacións son de tomar un pincho de tortilla, e non hai máis base, pouco queda, meus amigos.

manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 17:36

Temos mala educación porque non somos abogados coma ti, anosa escuela non foi tan fina como a tua pero non traicionamos a nadie.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-01-2009 a las 17:43

Para seren educado, «manolo o do bombo», non hai que ir á universidade. E para dar a cara tampouco.

manolo o do bombo · 11-01-2009 a las 20:37

Mira Sabariz non me dis nada novo, xa sei que non fai falla ir á universidade para ser educado,eso e relativo, ti tamen das a cara cando che conven deixemolo o tema hai ,si non seguimos como queiras.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.