Xuntanza dos concelleiros non adscritos con integrantes da súa lista electoral en 2007.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O venres, 12 de febreiro, os concelleiros non adscritos de Pontecesures mantivemos unha reunión no Centro Social de Pontecesures con varias das persoas que formaron a lista electoral do PSdeG-PSOE nas derradeiras eleccións municipais co obxecto de tratar temas relacionados coa xestión dos non adscritos no goberno local de Pontecesures e clarificar una serie de posturas relacionadas co sucedido en canto as altas e baixas de algúns dos asistentes, e doutros da lista, na formación socialista.
Afirmamos que esta reunión era moi necesaria e que, ata o de agora, non fora convocada porque non se consideraba razoable a celebración dunha reunión formal con militantes doutras formacións (precisamente a que nos afastou das diglas en 2007). Facelo sería unha intromisión en asuntos doutras forzas políticas e unha falla de respeto aos interesados.
Os asistentes acordamos que imos manternos coma colectivo, en principio, ata rematar a lexislatura, e así imos celebrar xuntanzas periódicas para analizar os asuntos municipais, onde os concelleiros non adscritos daremos todo tipo de información sobre a xestión e se realizarán propostas en beneficio dos veciños de Pontecesures. ? un compromiso adquirido cando nos presentamos ás eleccións de 2007 e sería unha irresponsabilidade desentenderse destas obrigas por moitos problemas que xurdiran ao seren afastados das siglas os dous concelleiros elixidos. Incluso falamos de tentar de facer algunha incorporación para o colectivo, se é posibel.


13 comentarios

estudiante · 14-02-2010 a las 12:38

Xojas con eles coma con marionetas. Primeiro convéncelos para que vaian na lista, para sair ti claro, que é o único que che importa. Lojo consijes metelos, a calzador, no pesoe afiliandoos aínda ca nejativa do pesoe local, co único obxectivo de que consijan controlar o aparato local e que te chamen a ti de novo para volverte a preentar co pesoe. Lojras metelos dentro pero saeche o tiro pola culata, por tres razóns:

Unha, que o «cabalo de troia» non surte efecto pois a executiva local non se deixou enjanar e as marionetas non lojraon nada mas que incordiar todo o que poideron.

Dúas, que o aparato provincial e autonómico do partido decidíu definitivamente desvincularse de ti. Vamos que de ti non quería saber nada nunca máis, ainda a pesar dos teus patéticos e numerosos intentos en sentido contrario.

Tres. Destas maniobras se che queda no pesoe a terceira da lista.

Ante esta situación retiras, eso sí coa oportuna propajanda, e en tandas, ás marionetas ao ver que non consejías nada, e non fora a ser que sejiran os pasos da do fútbol outras que ti meteches dentro.

Ajora continúas a manipulalos, todo de cara a ver se consijes sair de novo concelleiro, cousa que ben de sejuro que non consejirás, non o de manipular á xente, senón o de volver a sentarte na mesa jrande.

E inda tes a caradura, bueno deso estás ampliamente sobrado, de publicitar esta última reunión como se desde xuño de 2007 non voltáredes a falar.
TI XA NON LLE TOMAS MÁIS O PELO ?S VECI?OS.

manolo o do bombo · 14-02-2010 a las 12:56

MOI ben estudiante,totalmente de acordo contigo,xa empeza o sabariz a mover os fios,por el interes te quiero andres.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-02-2010 a las 14:50

Para un pouco, «estudiante». Non esquezamos que tamén utilizas o alcume «bngpontecesures» para entrar nesta páxina, o oficial, vamos. Comprendo que nin a tí nin ao BNG de Pontecesures lle interese que eu siga na política local. ¿Non diciades que estaba só?. Pois non. Por suposto que non.
A persoa que mellor pode aclararche que eu non manipulei a ninguén e que eu non tratei de entrar no PSdeG-PSOE despois de estar afastado das siglas, é precisamente a persoa que foi na nosa lista no nº 3, Concepción Gómez Figueira, e que agora pertence á executiva dos socialistas cesureños. Pregúntalle.
A reacción virulenta que tes, «estudiante» e as gañas que tes de verme apartado do concello indica que as cousas non me van tan mal como dis. Hai que repetir aquilo de «ladran, luego cabalgamos», e rematar a lexislatura, na compaña do colectivo que formamos, coa cabeza alta. Nós ao noso, a traballar coma sempre. Para iso nos presentamos. Qué algúns non o toman ben. Pois alá eles.

estudiante · 14-02-2010 a las 17:02

Pero en que quedamos. Os que sacaches non dixeron que saíron porque ti e mailo médico non voltaches o psoe. Unha de dúas ou mintes ti ou eles. Eu dijo que ti.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-02-2010 a las 20:51

Os non adscritos para nada xulgamos as razóns que tiveron para entrar ou saír do PSdeG-PSOE as persoas que foron na lista de 2007. Foron explicadas por eles é non teño nada que dicir. Agora ben; nin pública nin privadamente manifestamos os non adscritos que tentáramos voltar ás siglas do PSdeG-PSOE . Iso é completamente falso, «estudiante». Afastados fomos e punto. Aquí seguimos a traballar polo concello. Como non adscritos sí, pero con ilusión e cumprindo co compromiso asumido cando nos presentamos ás eleccións. Para nós son máis importantes as persoas que os partidos.

arredemo · 15-02-2010 a las 08:21

Chega o Entroido, e Sabariz saca a careta. Agora quere facer crer que é un home que lle gusta o traballo en grupo,que conta coa xente e volve a chamar ás súas marionetas para a que parece a primeira das súas maniobras para as próximas municipais? xa encontraría outro partido ao que enganar? vive e deixa vivir, Sabariz. vampiro político, que só facendo dano a outros es capaz de medrar. Non soportas que a xente realmente válida que foi contigo na lista tivera criterio e descubrira o teu carácter manipulador, e a fin decidira seguir cos socialistas. Esta reunión, igual que as noticias que ti, e só ti, soltaches na prensa falando de dimisións en masa, que non eran máis que mentiras, son os últimos coletazos que poderás dar para manterte, xa non eres creíble. Por sobrevivir na política, xa acudes a mentira, a manipulación e o engano.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-02-2010 a las 09:47

Máis do mesmo, «arredemo». Este tipo de intervencións con saña e con ánimo de facerme dano denotan que estades intranquilos. Son unhas mensaxes de odio na busca do meu illamento cando sabedes perfectamente que non lle fixen dano a ninguén. Reitero que a persoa que mellor coñece que estiven á marxe das afiliacións e das baixas no PSdeG-PSOE é Concepción Gómez Figueira, que foi connosco na lista e agora está na executiva dos socialistas cesureños. Pregúntalle. Ou pregúntalle aos que asinaron as altas e as baixas. ¿Qué as demisións destas persoas son mentira?. Pois apareceron con nomes e apelidos.
De vampiro tampouco teño fama no pobo, «arredemo». Non fun a levarme nada do concello, e iso é coñecido por todos por moita liorta que tratedes de montar. O máis curioso de todo isto é que estades sempre a dicir que estou só, que non teño apoios, que non teño credibilidade, que son case un apestado, e logo vos preocupedes tanto polo que fago. En fín; haberá que deixar as provocacións á marxe e continuar traballando polos veciños. ? o noso compromiso.

arredemo · 15-02-2010 a las 10:03

Pois creo o mesmo, segues sen apoios. E sinto pena polos que che siguen, e que non se dan conta? Non contas nin contarás nunca con eles, salvo agora, que os precisas para a túa nova aventura política? en que partido? Pobre do que che leve, xa anunciaches aquí, que ti fas o que che da a gana, que en política local, non importan as siglas. E deixa dunha p… vez, ese victimismo co que te disfrazas, para despois apuñalar aos militantes doutros partidos? e por certo, vai traballar, e deixa esto que o teu soldo pagámolo todos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-02-2010 a las 15:02

Asustas un poco, «arredemo», con tus comentarios ya que denotan un enfado tremendo (escribes hasta de puñales virtuales, que bárbaro). Preocúpate por tu formación, o por lo menos con la que simpatizas, y no pienses tanto ni en los no adscritos ni en las personas que nos apoyan. Todos somos mayorcitos, y de pena, nada de nada. Claro que para mí, sobre todo en la política local, son más importantes las personas, con su dedicación y su trabajo, que los partidos. Esto mismo lo dice cada vez más gente.
Yo ya no estoy para aventuras, «arredemo». La hoja de servicios es, más o menos, conocida. Cada uno tendrá su opinión sobre la gestión que realicé en el ayuntamiento durante todos estos años. Tu tratas de desacreditarme y quieres que todo el mundo la considere negativa. Eso sí, sin darte a conocer y sin debatir esa gestión cara a cara en donde quieras. Es lo propio de los que tiran la piedra y esconden la mano. Para mí tu actitud tiene un valor nulo, y para los numerosísimos lectores de esta página espero que también.

arredemo · 15-02-2010 a las 15:46

Sinto que certos temas aínda escozan. A túa xestión no Concello non pode ocultar esta faceta manipuladora da que estas facendo gala ultimamente. Non se trata de desacreditarte, como persoaxe pública, os veciños deben saber que detrás desa imaxe de concelleiro pulcro e informado, agóchase un individuo que emprega moi malas artes para tratar de afundir á competencia política. Por certo, nos partidos que ti tanto aborreces, hai persoas que traballan, e moito.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-02-2010 a las 17:08

Pero, ¿De onde sacas ti que eu aborrezo dos partidos políticos?, ¿De onde sacas que eu afundo á competencia?, ¿De ondes sacas que eu non recoñezo que hai xente que traballa dentro dos partidos?. Xa o dís ti todo, «arredemo». Non te enfades tanto que vas rachar o teclado.

Cara de cona · 15-02-2010 a las 18:56

pero quen fala de manipular…….ben Saba…botou ao verdadeiro manipulador….dixo que o iba chimpar por trapalleiro……., polas comidas da chatarra….por enganar ao pleno….polos mil e pico sms ao mismo número….por enganar a todo quisque…..e…chimpouno con dous collóns….o oscar gerpe non tivo huevos e agora esta fora e quedou como un cagado…..hai que ganas ten o bloque de entrar de novo….teno crudo…nin ca tarantula de onte….jo….jo…jo…

Blanco · 15-02-2010 a las 19:23

No se como se puede decir que Sabariz se queda solo y no sale en las proximas porque en las últimas sacó trescientos y pico votos y eso sin que le votara ni el primero de los socialistas de Cesures ni sus familias, eso quiere decir que tiene algo de arrastre, que tiene tambien gente con el y que le voto mucho no socialista que le sigue.
No estoy mucho en Cesures pero me dicen que los del gobierno actual no lo estan haciendo mal y eso que le daban tres meses de vida, y Sabariz también tiene ese merito.
Yo no creo que se presente más por lo que se oye, pero si va con los de su lista y alguno más los resultados creo que no serian malos

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.