Retirada a «montaña» de escombros da zona traseira do edificio en construción da rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nos útimos días, a promotora dun edificio novo con entrada pola rúa Castelao estivo a realizar obras de acondicionamento dos terreos cedidos ao concello, por mor da licenza da obra, nas rúas Estación, Rosalía de Castro e Castelao. Na próxima semana vaise proceder ao pavimentado destas zonas.
Tamén, foi retirada nestes días a «montaña» de escombros que había na parte traseira doutro edificio en construción próximo na rúa Sagasta (unha parte deles foi utilizada como recheo da futura rúa). Por salubridade e estética foron bastantes os veciños que se queixaron desta situación de abandono.
Con estas actuacións a mellora en todas estas rúas vai ser notable.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.