Arranxada unha avaría de alcantarillado na rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nesta tarde do día 14 de abril foi arranxada esta avaría con operarios municipais e o camión cisterna de Aquagest. Había un importante atasco en dúas acometidas de edificios.

Categorías: Concello

3 comentarios

Javier F. · 14-04-2010 a las 22:02

Arranxado e solucionado definitivamente? Porque esta avaría asemellase bastante á que supostamente foi arranxada a pasada semana santa, e a algúns aparte de olores nauseabundos, que empezan estos día a sair de novo, producennos graves prexuicios económicos dende FAI MESES. Na rúa Víctor García, a maioría dos veciños sabe do que falo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-04-2010 a las 18:10

As avarías foron distintas. Na rúa Víctor García, na noite do Xoves Santo houbo un «tapón» na tubaría xeral de 315 mm. Limpouse un tramo bastante amplo da rúa.
Na rúa Sagasta, a obstrucción foi en dúas acometidas de edificios. Nas citadas acometidas non debeu quedar ben a conexión á tubaría principal e se van revisar as arquetas. Aproveitouse o camión cisterna para limpar tamén un bo tramo da rede xeral.
Naturalmente que lamento o sucedido «Javier F.» e podes chamarme cando queiras para ir ao establecemento cos técnicos que correspondan.

Javier F. · 15-04-2010 a las 20:25

En primeiro lugar, moitas gracias polas explicacións Sabariz.

O que está claro, é que a estas avarías precedenlle uns fuertes cheiros en moitos dos inmobles, e hai días que na mesma rúa. O problema que tíñamos na rúa Víctor García dende a colocación das novas aceras, quedou eliminado radicalmente dende o arranxo da avaría o Xoves Santo, e ao parecer, veciños da rúa Sagasta, afirman que tamén deixou de cheirar dende o arranxo de onte. E fácil deducir entón que os problemas dos cheiros viñan dados pola avaría. Tamén é verdade que a semán pasada empezaba a cheirar un pouquiño outra vez, nada comparado co de fai meses, pero si preocupante polo temor a que reapareza o problema, de aí o meu comentario anterior. Non é un problema de tódolos inmobles, pero en algúns é moi serio.

Un saúdo.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.