A empresa responsable do vertido de escombros ao carón da pista da Barosa procede á retirada dos mesmos.
Hai uns día comprobouse que unha empresa construtora depositou, ao carón da pista da Barosa, unha importante cantidade de escombros procedentes dunha obra pública que estaba a realizar en Valga (pedras soltas, xabre, trozos de asfalto vello, etc..).
Foi inmediatamente requirida por parte do concello para que procedese á retirada dos materiais vertidos. Foi nesta semana cando a empresa levou os residuos da zona.
1 comentario
slsa · 1-05-2010 a las 10:15
moi ben feito, ese non e sitio para tirar escombro ou calquer tipo de material, hai que manter limpos os espazos verdes.