O Concello de Pontecesures solicita subvencións para actuacións no Caldeirón de Porto e en dous edificios municipais.
O Concello de Pontecesures presentou na Consellería de Presidencia dúas solicitudes de subvención para os seguintes investimentos, ao abeiro de dúas ordes que convocaron este tipo de axudas:
-Acondicionamento da praza e do paseo do Caldeiron de Arriba en Porto. O orzamento ascende a 148.759 euros e conleva a dotación de novos servizos de auga e saneamento, un ancheamento, e a nova pavimentación, deste espazo público de Porto que se atopa agora en condicións deficientes.
-Obras de mellora en edificios municipais e equipamento de mobiliario na Casa do Concello, cun orzamento de 75.361,70 euros. Preténdese substituir a cuberta da nave onde se prestan os servizos de Protección Civil, preto da Praza de Abastos, e tamén rehabilitar a fondo o almacén. Por outra banda, quérense arranxar os aseos, substituir as portas do soto e renovar diverso mobiliario da Casa do Concello.
As subvencións solicitadas son do 80% do importe dos investimentos.
Pontecesures, 07/05/10
0 comentarios