Subvención para contratar á secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures.
Logo da proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con data 21/04/2010 asinouse un convenio (con vixencia ata o 31 de decembro de 2010) entre dita Consellería e o Concello de Pontecesures no marco do disposto na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías dos Xulgados de Paz.
? abeiro de dito convenio, a Consellería financia ao Concello de Pontecesures ata un máximo de 8.500,00 euros, para a contratación da secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures que leva desempeñando esta función dende hai moito máis de cinco anos, sen relación laboral algunha coas Administracións Públicas.
O obxecto deste tipo de convenio é dignificar as condicións de traballo dun colectivo que sen relación laboral está a desempeñar por un tempo superior aos cinco anos as secretarías dos xulgados de paz en localidades de menos de sete mil habitantes, e no devandito decreto se prevé a formalización destes documentos entre a Xunta de Galicia e as Administracións Locais para fomentar a contratación deste persoal.
Analizado o texto do convenio, e tendo en conta que a actual secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures reúne as condicións fixadas na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 168/2008, xa que leva bastantes máis de cinco anos exercendo estas funcións, considerándose así persoal idóneo en termos do decreto, acordouse contratar a xornada completa, a Dª. Concepción Castro Cereijo, entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2010, data en que remata os efectos do convenio, para desempeñar a función de secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures, na Casa do Concello, que é a sede de dito xulgado.
0 comentarios