Excursión ó monte de Santa Tecla
Con motivo do próximo fin de curso catequético, dende a parroquia de Pontecesures, queremos convidar a todolos nenos a unha excursión que terá lugar o vindeiro sábado día 19 de Xuño con destino ó monte de Santa Tecla e saida as 9:30 da mañá dende a plazuela.
Todos os que queiran acudir deberán anotarse antes do martes 15 na Igrexa no seguinte horario:
- de luns a venres: de 19:15 a 20:00 ou ó finalizar a misa (sobre as 20:15).
- sábado: despois da misa (sobre as 19:30)
- domingo: despois da misa (sobre as 12:45)
0 comentarios