Defensa do tren de cercanías.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante a visita realizada a Vilagarcía o Ministro de Fomento, José Blanco, para inaugurar a circunvalación, a Comisión de Defensa do Traxecto de Cercanías Vilagarcía-Santiago con futura prolongación ao aeroporto, que forman os representantes de todos os concellos afectados e a Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril, quérenlle lembrar ao Sr. Blanco a necesidade de manter a liña ferroviaria convencional unha vez entre en servizo a alta velocidade. Vimos solicitando a diversas autoridades estatais, autonómicas e provinciais que permaneza o servizo e se potencie como tren de proximidade con máis paradas e así elaboramos un manifesto de defensa que coñece o propio ministerio.

Sería unha tremenda inxustiza que a alta velocidade ocasionase a eliminación dun servizo ferroviario que utilizan xentes das comarcas do Salnés, Ullán e Mahía e que é o máis antigo de Galicia. Por razóns ecoonómicas, ecolóxicas e de siniestralidade nas estradas, resulta indispensable potenciar os trens de cercanías (é mais dos que parten ou chegan á capital de Galicia) como transporte do futuro e como así aseguran todos os especialistas en mobilidade.

Hai tempo que temos solicitada unha entrevista co Sr. Blanco e esperemos que nos reciba canto antes para expoñerlle persoalmente os argumentos das nosas reivindicacións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.