O domingo, 5 de setembro, será o último no que abra a piscina de Pontecesures nesta tempada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En principio estaba previsto que a instalación estivese aberta ata o día 2 de setembro, pero por mor das altas temperaturas, acordamos prorrogar a tempada en tres días, ata o 5 de setembro, inclusive, tendo en conta que para o próximo luns 6 e días seguintes o tempo empeora, segundo as previsións meteorolóxicas.

O goberno local está satisfeito da campaña deste verán na piscina municipal. Houbo bastantes máis usuarios que nos últimos anos.

Categorías: Concello

22 comentarios

Xitano · 3-09-2010 a las 16:07

Bueno Sabariz, onte o día 3, agora o domingo, decidirvos por unha fecha e listo. Todo por estar na onda, e agochar algunha que outra cousa. Non te preocupes polo tempo, estamos no cambio climático.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2010 a las 21:49

Está decidido, «Xitano». O día 5 de setembro é o último día no que abre a piscina por esta tempada.

sobreiras · 8-09-2010 a las 19:23

magnifico Sabariz como home do tempo, prorrogou a piscina ata o domingo e xusto o lunes choiva, aforrou cartos, os socialistas non acertan nin co tempo, todo bandazos coa economía, co emprego, si convocaran elección dun carallo dunha vez no estado e se deixaran de aferrar ao sillon mellor nos iria, son a ruina, zapatero carretera..

manolo o do bombo · 9-09-2010 a las 10:53

SI e que veña o facha de Raxoy

arredemo · 9-09-2010 a las 15:45

Para Sobreiras ??álter ego faltón de Sabariz, poderían ser a mesma persoa??? os socialistas teñen a culpa do mal tempo? cousas veredes! tranquilo, que volve o anticiclón e o bo tempo?

sobreiras · 9-09-2010 a las 16:12

Arredemo, tí non entendes nada. Hai unha cousa que se chama lectura e comprensión do texto. Volve a ler con máis calma. Nadie vos vota a culpa de que choiva. Para tí si chove é mal tempo. Para mín é un tempo estupendo. O que che dixen e que Sabaríz deu no clavo a hora de pechar a piscina o día 5 porque o luns choveu e vos queriades tela aberta ata o 15. Que non acertades unha, eso é o que che queria decir.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-09-2010 a las 16:25

Xa dixen «arredemo» que no asunto da piscina tomouse a decisión que consideramos máis razonable, tendo en conta o tempo, o comezo das clases, a disponibilidade da empresa e a economía municipal.
Tes afección a vincularme a moitos dos persoeiros que escriben neste medio. ¿Non serán demasiados?. Hai que acostumarse á critica «arredemo», que remedio. Eu se desexo criticar as decisións, as actuacións, o labor do partido socialista, o labor dos seus dirixentes, etc… non preciso utilizar alcume algún. Son libre de facelo.

Xitano · 10-09-2010 a las 17:17

Sabariz, estas sendo un pouco cansino, dame a impresión, que ti o que fas na páxina é buscar quén e quén. Fai anos había un personaxe, chamabase Wally, aínda que ti o fas a inversa, home,que non che parezca mal, pero imitaste un pouco a él. Respeto ao peche da piscina, co bo tempo que temos, nos vedes aos rapases estresados, xa están pensando nas Navidades.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-09-2010 a las 21:33

Eu colaboro na páxina e informo do que vou sabendo. Coñecer as identidades nunca me interesou. ¿Que máis da?. Ogalla medre o número de intervintes pois letores temos cada vez máis.
Sobre a piscina está todo dito, «Xitano». Ata a tempada que ven.

Tiroliro II · 11-09-2010 a las 16:15

A temporada da piscina estuvo ben, foi moita xente e teño que decir que a xestion deste ano foi a mellor dos ultimos, parece que protestaron os socialistas, e igual sin razon, pouco teñen que facer nas eleccions

estudiante · 11-09-2010 a las 17:01

Mira Sabariz, e lojo en que se diferenciou este ano como dis, a xestión doutros anos, por exemplo da do ano pasado?
Se houbo máis xente será porque foi un verán moi, pero que moi caluroso, e entón acudíu máis xente á piscina.
No resto donde está a millor organización? En que estivo aberta algún día máis?
O contrario, os cursos de natación, polo que ti dis, foi un fracaso.
Repito porque dis que «A xestión deste ano fooi a mellor dos último anos»?

manolo o do bombo · 11-09-2010 a las 18:13

Como podes ser tan mentireiro,que non che importa conocer as indentides si sempre escribiches aqui que saliamos agochados,¿ repasamos todos comentarios listo? non sabes o refran cae primeiro un mentireiro ca un coxo…….

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2010 a las 19:56

O debate da piscina para min está rematado ata a tempada que ven. Vexo que hai opinións para todos os gustos. Afirmo que, practicamente, non houbo incidencias e a xente que falou conmigo manifestou que todo se desenvolveu con normalidade. Positivo entón o balance. As acusacións sobre as identidades non me preocupan. O único claro é que «estudiante» utiliza tamén o alcume «bngpontecesures», porque quedou demostrado nunha intervención. O resto, nin idea.

arredemo · 13-09-2010 a las 11:01

Para Sobreiras: luns 13 de setembro, previsión de temperaturas: min. 17º- máx. 30ª ?e así para uns días.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2010 a las 13:38

Moitas das piscinas descobertas «arredemo» xa remataron a tempada. Agora imos ter bos días, e igual dura o bo tempo ata fin de mes. Pero a semana pasada houbo tres ou catro días de choiva e mal tempo e a asistencia ía ser nula neses días. Algúns veciños dirían: ¿Pero que fai aberta a piscina chovendo, con este frío e a estas alturas de setembro?. Que xeito de malgastar os cartos.
Hai que valorar o interese xeral. O curso escolar xa comezou en infantil e primaria, e os datos do custo da piscina ao concello son importantes (xa foron facilitados). Con todo, entendo o teu interese en que a instalación continuase aberta, «arredemo» pero quero dicirche que nós non temos a intención de prexudicar a ninguén. Sería moi convinte que, de cara ao ano próximo, e independentemente destas circunstancias climatolóxicas, se abrira un debate sobre a posibilidade de incrementar os prezos ( son de 1,20 e 0,45 euros, dende hai máis de 12 anos) para que o servizo non fose tan deficitario. ¿Ti que pensas?.

    arredemo · 13-09-2010 a las 14:50

    Posiblemente, unha subida dos prezos sexa necesaria ??eso si, dun xeito contenido??, pero o que é incuestionable é que os días de apertura da piscina deben ser acordes co periodo vacacional dos nenos, porque neste pobo é a única actividade da que poden disfrutar.

sobreiras · 13-09-2010 a las 15:44

Xa empezou o curso e hai que comprar material escolar, libros, mandilóns, ir falar cos prefesores, preocuparse pola educación dos rapaces, hai que deixarse de contos e piscinas agora, ca logse e co abandono da educación como non se movan os pais iremos sempre na cola de europa, fracasose a traballar do que sexa de peons a pico e pala, e agora nin eso, os socialistas arruinanos, en agosto din que vai haber cen mil parados mais, a que espera o zapatilla para marcharse

manolo o do bombo · 13-09-2010 a las 17:16

EN vez da zapatilla poñemoste a ti ,e logo os peóns de pico e pala non son tan dignos como calquer outro traballo ,que maneira de depreciar a xente ,sobreiras eres un facha…

sobreiras · 13-09-2010 a las 17:41

falamos de que a piscina pechou e que hai que estudiar, do fracaso escolar, de que somos os ultimos en educación en europa e do paro tremendo que xenera este goberno, e ademais os de pico e pala non teñen donde traballar, andan o xornal sen asegurar cos socialistas culpables, e agora cortando dereitos dos traballadores estes do psoe que levan a o de obreiros, se non o ves operate da vista como pepiño blanco

manolo o do bombo · 13-09-2010 a las 20:04

DE momento nome fai falta operarme ,seica estas endemoniado,hay que roelo…

sobreiras · 14-09-2010 a las 16:32

Fala da piscina manolo, que eu non son do pontevedra do hai que roelo, son celtista

manolo o do bombo · 14-09-2010 a las 17:34

Pois falo da piscina que debia estar aberta mentras faga calor polo menos estan os rapaces entretenidos e non andan facendo falcatruadas por hai, eu sonche do depor e tamen do celtiña ,viva a rianxeira……

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.