Angueira, primeiro candidato do BNG confirmado en Arousa, presenta su equipo en Cesures.
Anxos Riveiro e Angueira, onte, na presentación do candidato.
Luís Álvarez Angueira será, de novo, o cabeza de cartel do BNG en Pontecesures, municipio do que el mesmo foi alcalde entre os anos 1999 e 2007. Onte, no centro social cesureño, os nacionalistas presentaron non só o candidato á alcaldía, senón tamén os seis primeiros nomes do seu equipo: Cecilia Tarela Barreiro, Arturo Ferro González, Margarita Carolina García Castro, Xurxo Gerpe Jamardo e María Teresa Tocino Barreiro. Seis son, precisamente, o número de concelleiros que marcan a maioría absoluta no concello arousán.
O obxectivo do Bloque cara as eleccións de maio é transparente: «A ilusión e as ganas de traballar por Pontecesures», en palabras do propio Angueira, ao que acompañou a responsable do BNG na bisbarra pontevedresa, Anxos Riveiro.
Na última cita electoral, os nacionalistas acadaron cinco representantes, un por baixo da maioría, de xeito que unha alianza entre o PSOE que encabezaba Luis Sabariz, quen logo abandonou as siglas socialistas, o Partido Popular e a independente Maribel Castro, fíxose co goberno municipal. Á fronte do mesmo situouse, por certo, Castro, única concelleira da súa formación. Agora, insistiu Angueira, é hora de retomar os proxectos abandonados.
LA VOZ DE GALICIA, 14/11/10
0 comentarios