Primeiro sorteo entre os usuarios da praza de abastos de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Efectuado o sorteo ás 09.30 horas da maña do 22 de novembro dos premios correspondentes ao primeiro destes sorteos (o seguinte vai ser o martes 7 de decembro tamén ás 09.30 h.) na mesma praza de abastos, as gañadoras foron:

1º premio: cheque regalo por importe de 75 ? para Dna. Teresa Gil Garcia.
2º premio: cheque regalo por importe de 50 ? para Dna. Mª Luisa Lafuente Otero.
3º premio: cheque regalo por importe de 25 ? para Dna. Antonia García Linares.
Posto que ningunha das persoas premiadas estaba presente nese intre, dende a Delegación Provincial da Direccion Xeral de Comercio poñeranse en contacto con elas para enviarlles por correo os cheques cos que resultaron agraciadas.

Asi mesmo, o funcionario da delegación presente levouse todas as papeletas depositadas na urna, para comezar a recontar novas papeletas, polo que no sorteo do 7 de decembro participarán as introducidas dende o este día 22.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.