O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar rexeita de novo facerse cargo da gardería cesureña.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno local de Pontecesures amosou onte o seu descontento pola decisión do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de rexeitar por segundo ano a solicitude municipal de integración da gardería cesureña na rede autonómica de escolas infantís A Galiña Azul, as antigas galescolas. Unha medida que, explicaba onte o concelleiro de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz Rolán, obrigará a seguir botando man dos cada vez máis escasos recursos das arcas locais para cubrir un servizo público que no 2009 supuxo o desembolso de 104.139,08 euros dos fondos municipais, cun custe total de 168.416,04 euros.
Sabariz lembra que «con data de 27 de xaneiro do 2010 solicitouse por escrito que a xestión da Escola Infantil de Pontecesures fose asumida polo Consorcio, informando de que era unha instalación de pouco tempo, ben coidada, e que non precisaría de obras no recinto. O 4 de febreiro contestóusenos que o Consorcio tiña pechado o calendario de novas aperturas e postas en funcionamento de escolas infantís para o ano 2010», pero que a petición de Pontecesures «sería tida en conta para a planificación e programación nas vindeiras anualidades».
O día 13 deste mes o Concello voltou cursar a petición, dándoselle a mesma contestación, pero referida xa ao 2011. Así as cousas, Sabariz vén de pedirlle ao Consorcio «que nos informe de cales son as escolas infantís que van asumir no 2011, cal foi a data de solicitude de cada unha e os criterios para a súa selección.

LA VOZ DE GALICIA, 27/11/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.