Satisfacción no Concello de Pontecesures pola posta en marcha do Plan Provincial de Emprego 2011.
O Concello de Pontecesures, xa enviou á Deputación Provincial de Pontevedra a documentación para o plan de referencia, que vai posibilitar que teñamos, dende o 1 de febreiro e por seis meses, cinco operarios de servizos para a actuación de «Acondicionamento, limpeza e mellora das vías públicas e as zonas medioambientais de Pontecesures».
A Deputación, que contratará aos traballadores logo da presentación das ofertas nas Oficinas de Emprego para realizar a selección, financiará o 100 por 100 do custo salarial e da cota empresarial da Seguridade Social, debendo únicamente o concello proporcionar aos traballadores os medios materiais e a roupa de traballo.
O concello agradece ao organismo provincial esta iniciativa un ano máis, pola coxuntura económica que vive en xeral o mercado de traballo e porque ademais en Pontecesures teremos unha axuda moi importante para manter as zonas e as instalacións públicas nas mellores condicións.
0 comentarios