Moderación de comentarios
?ltimamente estanse a incumplir unha tras outra as normas da web, provocando moito «ruido» e pouca información. Esto está xerando demasiado ruido na web e flamewars.
Coma administrador da web son o último responsable de todo o que acontece aquí, e considero unha falta de consideración o mal uso de este recurso, que existe de forma desinteresada asumindo eu personalmente tódolos custos de mantemento e horas de traballo.
Pontecesures.net é aberto a todos, nunca se lle negou a publicación de entradas a ninguén, cadaquén é libre de publicar, e no caso dos comentarios o mesmo, sempre seguindo as normas.
O párrafo que temos antes dos comentarios, pertence ó desaparecido «Vieiros»:
«En Pontecesures.net cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.»
Parece que é máis fácil poñer calquera cousa coma comentario que tomarse un minuto para ver este párrafo e as normas, só unha vez.
Chegados a un punto, de que avisando que non se permiten os comentarios fora de tema (unha das normas), falta o tempo para incumplílo. Non queda outro remedio, por un tempo limitado, que activar o sistema de moderación:
- Os comentarios enviados non serán visibles ata que o administrador (só hai un e son eu) os de por válidos
Espero se entenda e disculpe si os comentarios tardan en aparecer tras o seu envío, todo dependerá de a capacidade (tempo) que teña para revisalos.
Engadido: Estou canso de mandar correos electrónicos ós que incumplen as normas por que non len esos correos, así que deixo de ser «educado» cos que non teñen a mesma conducta.
Neste momento hay 7 comentarios en moderación e ningún ten nada que ver ca entrada… mal vamos, e algún do tipo:
EU pensei que habia libertad de expresion ,pareceme unha censura.
Contestarei só a este comentario aquí: Falar de falla de libertade de expresión por moderar os comentarios é non ter claro o que é a liberdade de expresion. Censura:
La censura es el poder que ejerce el estado, persona o grupo influyente para prohibir, la difusión a un estadio público, de una noticia, de un libro, de una película o de algún documento, a través y con el cual se pueda atentar contra la estabilidad de la persona o grupo, su subsistencia e incluso directamente contra su existencia.
Aquí seguimos facendo o máximo para protexer a liberdade de expresión e impedir a censura da información que os cesureños plantexen, outra cousa e o comentario en cuestión, que non será publicado, non por «censura» senón por que non ten NADA que ver ca entrada na que está.
19 comentarios
outro · 20-12-2010 a las 20:18
Só teño unha palabra: NORABOA.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-12-2010 a las 00:23
? realmente triste que os insultos e acusacións delitivas infundadas de persoas alterasen a tranquilidade que tiñamos neste medio. Ademais é moi inxusto que Antonio Cortés, administrador do medio e que o manten económicamente teña que estar perdendo o seu tempo analizando os comentarios. Grazas Antonio polo esforzo que fas. Saúdos.
sosocaustico · 21-12-2010 a las 21:20
A min tamen me parece impresionante o traballo que fas e douche a razón o 100%. Traballei durante anos en Pontecesures e como fun tratado con gran cariño, continuo entrando en esta páxina para saber como sigue a vida en Pontecesures.
Paco Jones Losmios · 22-12-2010 a las 00:32
bueno…Antonio Cortes non quero faltarche o respeto a ti nin moito menos, pero si superas o que está pasando no pobo con certas persoas, igual cambias de parecer…pero bueno como ti levas a paxina parece que volveu a dictadura de franco pa porhibirnos expresarnos con libertade…
Antonio Cortés · 22-12-2010 a las 00:56
Paco Jones, ¿ que pasan cousas no pueblo ? ¿ Que cousas ? ¿ Queres publicalas ? podes facelo coma entradas si das a cara, non podo ser eu o que de a cara por todo o mundo.
Mentar ó antigo rexime e entrar moi pronto na «lei de Godwin». ¿ ? tan complicado entender que os comentarios deben ir sobre as entradas ? (Hai 11.044 Entradas) e que os comentarios van sobre que din e non sobre o que o escribe.
Para min é moi frustante ler e ler comentarios e mais comentarios dunha entrada que nada aportan. Si collemos algunha entrada e cambiamos todos os comentarios ó texto » E ti máis!» … sería o mesmo, palabras cruzadas entre persoas que deberían usalas noutro contexto, ou nun chat, pero non nunha web con esta estructura.
Falar de dictadura e un recurso fácil, non se che prohibe escribir e comentar aquí, permitese a todo o mundo comentar e escribir seguindo as pautas normais de conducta entre iguais, por que esto, ainda que virtual sigue sendo unha forma de comunicarse persoas reais, e pode resumirse, non fagas nesta web o que non farías no mundo real.
A moderación non é censura, a moderación é simplemente máis traballo para mi, que ten que ver todos os comentarios e aceptalos. Irónicamente os últimos comentarios moderados son mensaxes para Sabariz e nesta entrada, e simplemente: 1) Esto non é un chat, nin un servicio de mensaxería, si se lle quere dicir algo, que se faga vía mail, telefono ou calquera outro método. 2) Son claramente fora de tema ( non teñen que ver ca entrada).
Todos temos opinións, todos temos algo que dicir, so pido que as cousas se fagan ben, doutra forma esto sería un caos, todo o mundo falando de paxariños preñados e recetas de melindres.
Esta entrada é libre para comentar, e si é o tema, si as normas da web son correctas ou non, sin deben ser máis ou menos, si o formato da web debe mudar a outro, o que sexa, pero mentras non cheguemos a algunha consideración de consenso, só pido que sexamos ordenados.
Maña vou para Cesures a pasar uns días, veráseme polos sitios de sempre, diante dunha cervexa ou un café, ou nesta entrada podemos falar e ver como debe evolucionar a web.
Engadido: Esto é habitual, caseque podería copiar e pegar o comentario que fixen hai 4 anos, como se pode ver … sonche cousas que pasan e volven a pasar …
Paco Jones Losmios · 22-12-2010 a las 01:15
Para que dala cara se total todo o que decimos nos, vaino desmentir o señor sabariz cos seus contos, non vale a pena, ademais aqui cando se fala mal da alcaldesa, concello e demais sempre che din que non se pode opinar porque non sabes nada, como si o que publica a mairoia das entradas supera moito mais ca no…PARA QUE DAR NADA PARA QUE VE?A O SE?ORITO MANDON ESTE A DECIRNOS O QUE DE VERDADE PASA? cando e mentira como unha catedral….
Antonio Cortés · 22-12-2010 a las 01:29
¿ Como se desfai unha mentira ? Con verdades, non ten máis.
As descalificacións, por exemplo, non aportan nada, non axudan a amosar a verdade. Aquí ninguén ten máis peso que outros, non hai «comentarios VIP».
Si algo que se di ou se afirma nunha entrada ou nun comentario non é verdade, media verdade ou o que sexa, está na man de todos tiralo a baixo con verdades, ideas, exemplos … e tamén está na man de todos ratificalos, demostralos, …
? un erro, un erro moi grande ir a calquera sitio ca intención primaria de «falar mal de alguén», outra cousa e ir a informar ou opinar.
Cadaquén é libre de facer o que considere pero sempre dentro das bases máis básicas do respeto ós demais, si esto non é posible o mellor é empregar outros métodos, como por exemplo crear outra web/blog e dicir ahí todo o que considere, pero non é de recibo que se rompan as normas unha e outra vez e o unico que leva os paus son eu. Xa estou acostumado, pero xa empeza a cansar.
O máis irónico do asunto é que o único que non comenta na web son eu, primeiro por que so teño esta conta rexistrada, e segundo por que considero que si digo o que penso parecería que é a opinión «oficial» da web ó ser o administrador, así que teño que calar moitas cousas … e teño a desgracia de ser o único cesureño que non pode opinar na web sobre temas que non sexa a «xestión» da web … mira por donde, ó final si hai censura, auto-censura, para ser máis exactos, e só sobre as miñas opinións.
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-12-2010 a las 19:19
Erre que erre, tratan algúns intervintes de transmitir que son un mentirán, e non soportan que informe de cousas, que debata con datos, que introduza novas, etc… A súa táctica é o insulto e o tratar de ridiculizarme. Fun obxecto durante todo este tempo de todo tipo de ataques e de todo tipo de cualificativos. Aínda así resposto, aclaro, dou a cara, etc..Sobre o fondo dos temas dou a miña opinión e rebato co meu criteiro o que me parece.
Pero se me chaman «porco» «molondro», «ladrón», «sinvergoña», «vendido» e outros insultos, ¿que podo facer?. Con sinceridade penso que me queren acalar, que non queren que informe, e desexan que Sabariz non apareza neste medio que ten tanto seguemento. E logo falan de dictaduras, e de censuras.
? lóxico que Antonio Cortés tivera que intervir. Estaría bo que por enriba de colaborar tivese que soportar calquera denuncia por seren o responsable da páxina.
Cara de cona · 23-12-2010 a las 19:25
Vaia chollo para o Cortes……hai uns do bloque poir ai con gañas de meterlle os piños ao Saba………e o Cortes a moderar e a moderar…..eu felicito o administrador que nos atura….vou ser bo……pero me contaron cada unha estos días…..manda truco con algun presunto candidato…….algun vai caer para atras…jo,…jo…jo…
Antonio Cortés · 28-12-2010 a las 23:42
Resumo de unha semana de sistema de comentarios con moderación manual:
18 Comentarios moderados (Non visibles):
7 comentarios do mesmo usuario cun comentario similar varias veces e en diversas entradas. Non se aceptou ningunha, razón (Normas de uso: Bombardeo (con largos ou demasiados mensaxes seguidos que impidan o normal uso da web). Importante: Si un comentario non se ve tras un tempo prudencial, podese mandar un email a redaccion@pontecesures.net para ver a razón pola que ainda non é visible.
5 eran fora de tema e do tipo «Chat»
O resto foras de tema de Paco Jones Osmios, Javahacks, matacristos, Manolo o do bombo, Sobreiras, … que de estar na entrada correcta serían publicados.
Voight-Kampff · 1-01-2011 a las 16:32
¡¡¡ Dear D0ctor Zippie !!! in your last commentary dixeches:
«O resto foras de tema de Paco Jones Osmios, Javahacks, matacristos, Manolo o do bombo, Sobreiras, … que de estar na entrada correcta serían publicados.»
E para o envío de «Nostradamus» dixeches:
» Este é un comentario que estaba en Fora de Tema (nunha entrada que non tiña que ver co comentario), pero como non temos ninguna entrada similar na que podería encaixar, acabo de pasalo a o formato de entrada».
Polo tanto salvo erro, tan comentario Fora de Tema eran os anteriores de Pacojoneslosmios, matacristos, manolo o do bombo… como o enviado por Nostradamus…. porque non pasaches a formato de entrada os comentarios que estaban fora de tema…… ¿ves a incongruencia ou estarei equivocado? se o estou, dígamelo por favor.
NON SEI SE ME EXPLICO.
Polo tanto NON ESTARÍA DEMAIS QUE LIBERALIZARAS os comenarios… porque pagamolas xustos por pecadores… O DE SEMPRE, coa CENSURA, ¡adiós a la gracia de la página!
Antonio Cortés · 1-01-2011 a las 17:34
Unha cousa e un comentario a unha entrada noutra, ou que non ten nada que ver ca entrada, eses non se aproban, non hai dúbida deso.
Outra cousa, é que un comentario fora de tema nunha entrada, pareza o suficientemente interesante para que pase a ser unha entrada, son dúas cousas ben diferentes.
Por certo, o comentario de Nostradamus … foi «censurado» xa que non aparece coma comentario.
Os fora de tema son do tipo: «vente sabariz» , «sabemos ke es ti saba» ou «e que o dijas temos ladron, lamecus, porcos molondros…sera por actores…jajajaja» , xa me contarás que entrada se pode facer, e sobre todo, ¿ CONSIDERAS QUE SON COMENTARIOS «NORMAIS» ?
Aqui non se paga xustos por pecadores, nin se censura, ¿ ou que che parecen eses comentarios en entradas ó azar ?
Si consideras que hai censura, por non permitir foras de temas similares os amosados, estamos ante o teu concepto de censura, diferente o do resto.
A explicación que se deu a esa entrada xa a copiaches e pegaches no teu comentario, e xa houbo moitas entradas nesta web que veñen de comentarios.
Si consideras que neste medio non podes falar con liberdade por que tes unha forma diferente de ver o que é : Respeto, formas, opinar e orde, na túa mán está crear o teu propio e dar a túa versión censura e «liberalización», emprega uns minutos en montar a túa propia web, un sitio interesante, con axuda telo na seguinte dirección: http://es.wordpress.com/features/
Engadido:
Como parece que as normas de pontecesures.net son unha invención miña e que este é un lugar de censura, recomendo que se revisen as normas de outros sitios, coma por exemplo (buscados ó azar):
Rede hipertextual de blogs
Microsiervos
Blog de Coach
SilverFenix
[…]
Ou textos antes do formulario de comentarios do tipo (Blog de Enrique Dans): «Los comentarios en esta página están moderados, no aparecerán inmediatamente en la página al ser enviados. Evita, por favor, las descalificaciones personales, los comentarios maleducados, los ataques directos o ridiculizaciones personales, o los calificativos insultantes de cualquier tipo, sean dirigidos al autor de la página o a cualquier otro comentarista. Estás en tu perfecto derecho de comentar anónimamente, pero por favor, no utilices el anonimato para decirles a las personas cosas que no les dirías en caso de tenerlas delante. Intenta mantener un ambiente agradable en el que las personas puedan comentar sin temor a sentirse insultados o descalificados. No comentes de manera repetitiva sobre un mismo tema, y mucho menos con varias identidades (astroturfing) o suplantando a otros comentaristas. Los comentarios que incumplan esas normas básicas serán eliminados.»
Prego comparense cas nosas, son as mesmas que en todos os sitios, e sempre as mesmas: Non foras de tema, respeto a todos e non permitir os trolls.
ultimatum · 1-01-2011 a las 18:14
somos unha sociedade capitalista na que a liberdade de expresión e un dereito común a todos os os cidadans e vos atentades contra ese dereito!!! cheguei a conclusion de que queredes unha web de mentiras e enganos na que se publique o que a vos vos conven!!!
Antonio Cortés · 1-01-2011 a las 18:26
O que ti digas, xa deixo por imposible que perdas nin un segundo en ler o que escribo e moito menos en entendelo, xa que a empatía parece que é algo que non existe entre algúns, convidote a que montes o teu sitio en internet e non te preocupes do que aquí acontece, xa que ves o que queres ver, e non ves máis alá da caixiña de «comentar», e moi rápido á hora de poñer só comentarios de tipo: «sabemos ke es ti saba», ou atacar directamente a outros comentaristas, (comentario a outro de Daniel Seijas): «como indagas!!! iso soleo poñer a xente ke nn ten vida social!».
Esta entrada é un exemplo do que non se pode facer, e só o fas ti: Entrada sobre a megafonía na estación. ¿ ? esto «libertade de expresión» ? ou é … digo o que me peta cando me peta e onde me peta, esto último xa non se cumple, e en grande medida a comentarios como os desa entrada, feitos por ti.
En resumo: ¿ Non entendes as normas ?, ¿ non as queres nin ver ?, sin lugar a dúbidas, este non é o teu sitio. E non vou perder un segundo máis do meu tempo explicando o mesmo unha e outra vez, cando é máis que obvio que non o les.
ultimatum · 1-01-2011 a las 18:44
meu amigo antonio cortes:
xa sei que os meus metodos de expresión non son moi ortodoxos pero e que alguns personaxes so fan caso desa maneira e non me refiro a ti antonio cortes. tentarei maderar o meu vocabulario.
Despidome cun cordial saudo.
kashide · 8-01-2011 a las 19:53
tiñabámos unha páxina de «VIVOS» agora temos unha páxina de «MORTOS», ¡¡¡ TRISTURA !!! abaixo a CENSURA.
Antonio Cortés · 8-01-2011 a las 22:09
Por favor: mira tódolos comentarios desta entrada … e logo trata de definir o que é «Censura». Sigo sin entender por que se comenta directamente sin ver o que se dixo antes, como si o único importante e dicir o que cada un lle peta e non importa o máis mínimo o que se estivo «falando».
Por certo, non hai ningún comentario teu en moderación, ¿ así que estas a «falar por falar» ?
ultimatum · 9-01-2011 a las 00:43
Vaslle ter que añadir un chat a paxina Antonio. Creo que e boa idea.
ultimatum · 12-01-2011 a las 00:59
Haber meu amigo Antonio Cortes:
vas a añadirlle chat a paxina ou no? Asi poderiams comentar as entradas e discutir opinions a tempo real. Que me dis?