Festas da Virxe Raíña dos Anxos en Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Domingo, 2 de xaneiro.
-As 17:00 h. no Campo de Fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, encontro de solteiros contra casados.

Sábado, 8 de xaneiro.
-Pola mañá disparo de bombas de palenque e alborada do Grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:30 h. Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
-De seguido, Poxa de Ramos no Campo da Festa de Carreiras e sesión vermouth a cargo da orquestra «La Bámbola».
-Pola noite gran verbena coas orquestras «La Bámbola» e «Aché».
-Á 1:00 h. da madrugada, será servido un exquisito chocolate con churros de balde para todos os asistentes.

Domingo, 9 de xaneiro.
-Ás 16:00 h. festa para os rapaces con inchables e touro mecánico da empresa Diverneno gratis para todos os pequenos.

A Comisión de Festas de Carreiras agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais e do Concello de Pontecesures para a celebración das festas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.