Pontecesures despide con éxito o ano na Plazuela.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Bastante público tivemos hoxe pola mañá na Plazuela neste acto, no que tamén estivo un Carteiro Real para levar as cartas dos nenos cesureños a Oriente xa que os Reis Magos chegarán o día 5 de xaneiro.
O tempo axudou, e a música animou aos asistentes. Foron repartidas máis de 250 bolsas con uvas, máis de 300 con conguitos (brancos e negros), e tamén máis de 300 bolsas con cotillón.
Como novidade hai que dicir que este ano a campá da igrexa para as badaladas foi activada manualmente polo señor Nelo, o sacristán. Estivo moi ben, marcando con tempo cada badalada para levar á boca as uvas e os conguitos. Con ledicia e con bombas de palenque foi despedido o ano vello, e recibido o novo.
Foron sorteados tamén 22 agasallos para os nenos.

Categorías: Concello

1 comentario

Cara de cona · 4-01-2011 a las 20:37

Moi ben…moi ben….as campanadas de señor Nelo gloriosas….a da escola na súa salsa metementodo…o saba co mancontro como sempre…….os da oposición nin foron…..os do pp con randulfo tampouco…..que teñan que ser os independientes os que se movan e os que traballen…..róncalle un huevo….dous cristos moven o pobo….e os das siglas….. os que comen o mundo de tantos apoios…os da diputación… o yo yo de cesures….nin foi……que cara……

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.