Concretadas as obras do PIR 2011 de Medio Rural en Pontecesures.
Foron xa rematados os documentos técnicos das seguintes obras da Conselleria do Medio Rural para Pontecesures dentro do Plan de Infraestruturas Rurais:
-«Saneamento e pavimentación na rúa Mimosas de San Xulián». Vanse colocar novas tubarías de alcantarillado e de auga nun tramo de 115 metros lineais desta rúa con acometidas dos dous servizos para 6 vivendas. Posteriormente quedará pavimentada este treito da rúa, que se atopa en moi malas condicións polas contínuas avarías nos servizos.
«Pavimentación no Camiño de Acebedos de San Xulián». Vaise pavimentar un espazo cedido por un particular neste vial en 65 metros de lonxitude. Previamente, vaise colocar unha tubaría de auga para abastecer a fonte que se ten previsto instalar na zona de esparcemento recentemente construída nesta zona.
Esperemos que as obras, que teñen un importe aproximado aos 40.000 euros e que son financiadas ao 100% pola consellería do Medio Rural, sexan axudicadas canto antes.
0 comentarios