ACP promete recuperar el trazado del Camiño Portugués ??verdadeiro? a su paso por la villa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Luis Ángel Sabariz.

La Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) apuesta por la recuperación del ??verdadeiro? Camiño Portugués que atraviesa la localidad y que, aseguran, ??foi alterado hai bastantes anos?.
El grupo liderado por Luis Ángel Sabariz explicó que para atajar, se dejó de pasar por el interior de Condide, por Couto y Carreiras, y actualmente los peregrinos discurren por la pista de regadío y que, incluso la sociedad de Xestión do Plan Xacobeo, ya tiene señales por este tramo ??erróneo?.

Consideran que es necesario recuperar el paso verdadero por los lugares anteriormente citados, ??tendo en conta, ademais, que a entidade xestora xa ten un proyecto para mellorar sustancialmente este treito polo interior de Carreira?. Así, si alcanzan el poder en las próximas elecciones municipales de mayo, se comprometen a realizar todas las gestiones necesarias para que en Pontecesures, se sigan todos los puntos del ??verdadeiro? Camiño Portugués.

DIARIO DE AROUSA, 03/05/11


12 comentarios

estudiante · 3-05-2011 a las 10:12

Pero que caradura ten este tipo. «Si alcazamos el poder me comprometo a…» E lojo onde estivo estes 4 anos? Na oposición?
Porque non fixo esas xestións se o BNG llo dixo nun pleno?
Farsante.

maribel cartos · 3-05-2011 a las 11:01

Pero que morro ten este home. Si foi durante estes catro anos cando se desviou o Camiño? Acórdase agora?

manolo o do bombo · 3-05-2011 a las 11:50

Este homiño cada vez esta peor,que fixo durante catro anos,e nos ben que se e alcalde fai montes e moreas a engañar a xente que xa esta farta de promesas.

Caminante · 3-05-2011 a las 13:18

O refrán máis hipócrita que coñezo e o que di que rectificar é de sabios. Tamén é bastante hipócrita o que di máis vale tarde que nunca.
Equivocouse? Tal vez si… ou non.
Eu persoalmente deixaríao como está. Imaxínome como pasarán grupos de ciclistas (de ata 200 teño visto pola ponte) polo medio de Carreiras, dende o pilón ata o cruceiro… Pensade na xente que alí vive…

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2011 a las 14:02

Bo sinal para ACP. De novo «estudiante» (que é «bngpontecesures») arremete contra mín chamándome farsante e caradura. Hai que ver quen perde a compostura. Efectivamente o BNG dixo no pleno que quería a versión orixinal. Pois mellor, xa somos máis os que desexamos o mesmo.

Por aí comentan que o camiño foi desviado nestes catro anos. Non é certo, porque dende que colleu auxe a peregrinación polo camiño
(xa hai varios anos) os peregrinos comezaron a atallar. O que fixo mal o Xacobeo foi sinalizar o traxecto desviado, penso que hai bastante máis que catro anos. Penso, «manolo o do bombo» que é unha xestión non moi difícil porque o camiño non se pode inventar. ? o que figura na documentación.

maribel cartos · 3-05-2011 a las 14:08

E que ademais déronlle pé ao Xacobeo e aumentaron o erro, porque puxeron unhas fontes a conta da escola taller no Camiño (no Camiño erróneo, claro).
Non vexo eu que desexaran a versión orixinal.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2011 a las 14:33

Unha das fontes púxose no Camiño do Regadio na intersección do traxecto que ven de Valga e preto do límite con ese concello. A outra na intersección do Camiño do Regadío co rúa Doutor Mosquera. Precisamente alí debería xirar á dereita para recuperar o camiño verdadeiro ata a rúa do Ensanche, interior de Condide, Couto e Carreiras. ? certo que hai un tramo do Camiño Portugués entre fincas particulares que sae preto do comezo da subida ao cemiterio que foi pechado hai como 50 anos, ó parecer. Iso xa é maís complicado aínda que se debería tentar unha solución, ou cando menos deixar definido o trazado definitivo.

Caminante · 3-05-2011 a las 15:32

Unha dúbida que teño, Sr. Sabariz; pódome explicar por que ao principio votou en contra e agora cambia de opinión.
E que conste que me reafirmo no dito ña miña entrada anterior.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2011 a las 16:31

Non lembro votación algunha nun pleno sobre o trazado do Camiño Portugués en Pontecesures. Houbo só un debate dentro do punto da modificación das obras do obradoiro de emprego «Pontecesures II» o día 31 de maio de 2010 ao falarse da colocación das novas fontes.

manolo o do bombo · 3-05-2011 a las 21:00

Solo tes memoria para o que a ti che ten conta…..

Caminante · 4-05-2011 a las 07:36

Vale, non houbo votación ningunha… pero non me respostou.
O do cambio de opinión… recórdolle.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-05-2011 a las 14:04

Eu non cambiei de opinión «Caminante». No pleno non dixen nada en contra da opinión favorable ao cambio do BNG. Só dixen que hai que propoñelo na S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Ás fontes do obradoiro non lle vexo problema porque, nun principio, son partidario de que ata a intersección do Camiño do Regadio coa rúa Doutor Mosquera o percorrido sexa o actual. Otra cousa sería recuperar o tramo entre fincas particulares pechado hai tanto tempo que sae á pista de subida ao cemiterio. Habería que barallar as posibilidades…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.