ACP considera «discriminatorio» que se impida a colectivos culturales el uso de una furgoneta del concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con sorpresa ten coñecemento este concelleiro que, con data 08/02/12,o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueir,a aprobou unha resolución resolvendo que a furgoneta municipal Citroën Jumpy de 9 prazas 7879GSJ só poderá ser utilizada no futuro polos clubs deportivos do municipio pois teñen a necesidade de desprazar aos xóvenes ás diferentes competicións. Fala o alcalde de que veñen presentándose numerosas peticións de entidades de todo tipo e precísase racionalizar o seu uso.

Esta furgoneta foi conquerida para o concello polo anterior goberno logo de asinarse un convenio coa Deputación de Pontevedra e tivemos que abonar unicamente o 25% do seu custo. Ata o de agora, ademais de utilizala o concello para o seu servizo, foi tamén utilizada, no tempo que non tiña uso por parte do concello, por asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Pontecesures, tanto deportivas coma culturais, para trasladar aos integrantes dos equipos ou ben agrupacións folclóricas, corais, etc…facéndose cargo neste caso do custo do combustible.

Ignoramos as razóns que tivo a alcalde para eliminar dun plumazo a posibilidade de utilizar o vehículo as asociacións culturais. Non informou da decisión aos colectivos afectados nin tampouco os membros da oposición temos coñecemento do sucedido.

Considero inxusta e discriminatoria a decisión. As asociacións culturais realizan un traballo importante onde están implicados un número considerable de nenos e maiores que, ás veces, precisan desprazarse (non tanto como os equipos deportivos, obviamente) e supón un apoio importante ter a posibilidade de utilizar a furgoneta municipal.

Polo exposto, solicítase ao alcalde que reconsidere a súa decisión, informándonos con claridade do sucedido. Ofrecémonos para colaborar na busca de solucións para compatibilizar o uso do vehículo e para establecer as preferencias en caso de coincidencia nas peticións en días e horas.

Pontecesures, 14/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.