Ao Concello de Pontecesures correspóndenlle nove operarios de servizos polo Plan de Emprego da Deputación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como nos últimos anos a Diputación vai contratar operarios de servizos dentro do Plan Provincial de Emprego 2012. A Pontecesures, como a todos os concellos, correspóndenlle 9 traballadores/as, con contrato por seis meses. Ese ano a novidade é que serán traballadores a tempo parcial por 25 horas semanais. O custo é asumido na súa totlaidade polo ente provincial, e o concello só ten que poñer os materiais e a roupa de traballo.

Lémbrase que a selección faina a Deputación, mediante a entrevista correspondente, e a relación laboral é entre o órgano provincial é o traballador co salario aplicable no convenio da institución.

O Concello de Pontecesures debe indicar a ocupación e o tipo de traballo para que a Deputación faga a oferta de emprego na correspondente oficina.

Os traballadores desempregados que aspiren á selección é fundamental que se interesen canto antes no concello sobre as ocupacións solicitadas, e actualizar na Oficina de Emprego os datos e ocupacións nas que están inscritos. Hai que ter en conta que dende ditas oficinas van ir as listas cos preseleccionados/as á Deputación (varios candidatos por praza) e só serán citados para a entrevista as persoas que figuran na lista para decidir logo os traballadores/as seleccionados.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.