«Coa rescisión do contrato con Global Vambrú queremos que non se repitan as folgas».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O alcalde de Padrón recoñece que o máis probable é que se faga unha nova concesión, «porque na situación económica actual non poderiamos facer o investimento que require a municipalización» // Sobre o futuro dos traballadores, di que a empresa que se faga cargo da recollida «pode continuar con eles ou despedilos»

A Corporación municipal de Padrón aprobou onte, por unanimidade, a rescisión do contrato coa empresa Global Vambrú, encargada da recollida do lixo. Aínda que foi posible o acordo entre os distintos partidos, todos eles aproveitaron a sesión plenaria para facerse reproches sobre as actuacións levadas a cabo nos últimos anos a respecto das reiteradas folgas no servizo.

Este venres, en Radio Obradoiro, o alcalde expresaba a súa satisfacción polo acordo adoptado, toda vez que había «unha incapacidade total e absoluta por parte de Global Vambrú de prestar un servizo necesario e básico para os veciños de Padrón». Antonio Fernández Angueira explicou que agora se fará unha avaliación para ver se é mellor municipalizar o servizo ou facer unha nova concesión. Esta última opción, engadiu, «parece a máis indicada segundo o interventor do servizo, tendo en conta a actual situación económica, xa que non poderiamos facer investimento».

En calquera caso, o rexedor restoulle importancia ó feito de ter que decantarse por unha opción ou por outra, suliñando que «do que se trata é de que non se volva repetir unha situación como a vivida, cunha serie de folgas reiteradas durante as cales demos unha imaxe nefasta tanto a nivel autonómico como nacional». Nun prazo de tres meses, prorrogables a seis, Global Vambrú «ten que entregarlle ó concello tódolos bens». Fernández Angueira quixo deixar claro que durante o proceso, en ningún momento os veciños quedarán sen o servizo de recollida do lixo.

Sobre o futuro dos traballadores que agora mesmo prestan o servizo, o alcalde sinalou que «a nova concesión pode continuar con eles ou despedilos». En caso de que se optara pola opción pouco probable da municipalización, «estaría discutido xurídicamente se o concello ten que ter ou nos a eses operarios en plantilla».

EL CORREO GALLEGO, 08/06/12

Categorías:

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.