Resposta á nota do goberno local sobre o reloxo da Plazuela.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante as acusacións do goberno local, quero manifestar o seguinte:

1. Non fun eu o encargado de mercar este reloxo en 1999, (recadación, trámites, empresas, etc..) nin tampouco o encargado de recibir ou coustodiar código algún. A do reloxo foi unha iniciativa (moi boa, por certo) de dous dos meus antigos compañeiros de corporación, os exconcelleiros socialistas Enrique José Herránz Grela e ?scar Gerpe Rodríguez. ¿Os códigos?, non os coñezo, pero pódenlle preguntar os integrantes do goberno, se acaso, á persoa que os lidera, o alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira. Presidia a corporación cando se mercou o reloxo en 1999 e logo de tantos anos no cargo pode ter algunha infomación.

2. Dende logo, en doce anos, o reloxo funcionou perfectamente, e tivo que chegar este goberno para que nos atopemos con esta desidia e incapacidade. ? o colmo ter un goberno que en catro meses non xestione o arranxo dunha avaría do reloxo da Plazuela.

3. Din que xa falaron co párroco sobre o arranxo. Tempo tiveron pero non sei de que falarían e que acordaron cando en catro meses non son quenes de solucionar esta cuestión.

En fin; que nos detallan un relato peliculero sobre chantaxes, libros e códigos, que non fai máis que amosar unha completa ineficacia que esta a provocar xa ata bromas entre os veciños. Haberá que tomalo con humor, e a ver se o reloxo alomenos funciona para o remate do ano.

Pontecesures, 17/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.