Moción da ACP para o establecemento dunha quenda de rogos e preguntas para o público ao rematar os plenos ordinarios.
MOCI?N DA ACP DE PONTECESURES
ESTABLECEMENTO DUNHA QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS PARA O P?BLICO AO REMATAR OS PLENOS ORDINARIOS.
O artigo 228.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón que rematadas as sesións plenarias, o alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal, correspondéndolle ao propio alcalde ordenar e pechar este turno
Para a ACP é moi convinte que nos plenos ordinarios os veciños teñan esta posibilidade. ? unha medida importante para fomentar a participación cidadá, para dinamizar a vida municipal, para achegar o concello aos veciños nestes intres de desconfianza nas administracións, e para amosar unha imaxe de claridade e transparencia.na xestión dos asuntos de todos.
Hai que ter en conta ademais que esta quenda co pleno rematado non require trámite algún (nin sequera a redacción de actas), nin ten custo para o concello.
En consecuencia, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:
-Instar á alcaldía para que se acceda a esta posibilidade legal e que a partir do pleno ordinario do 26 de novembro os veciños poidan efectuar os seus rogos e as súas preguntas ao rematar os plenos ordinarios.
Pontecesures, 16/11/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios