Coa maior recadación do IBI xa chegaba para non subir as taxas de auga, saneamento e cemiterio.
NOTA DA ACP PONTECESURES.
No pleno, que tivo lugar ás 10 da mañá, estaba o salón baleiro, algo esperado polo horario fixado. Parece que ao goberno local non lle interesa a presenza de público para que estea informado do debate de cuestións tan importantes como a suba das taxas de servizos de primera necesidade.
Por moito que se disfracen as subas destes servizos dicindo que levan anos sen tocarse, nestes intres, onde varias familias pasan dificultades, non é de recibo a elevación das taxas. O goberno local non consensúa nada e leva este asunto case no último día do prazo para que entren en vigor as novas cotas en 2013 (hai que expoñelas ao público 30 días hábiles a efefctos de reclamacións).
A ACP recoñece que hai servizos deficitarios en Pontecesures, pero tamén todos coñecemos que temos un tipo alto do IBI Urbana. ? do 0,56 do valor catastral pero este ano coa elevación dos tipos por parte do goberno da nación moitos bens pasaron a máis do 0.59 auméntandose o 6% a cota. Cando en en 2011 recaudouse en voluntaria por IBI Urbana a cantidade de 374.932 euros, en 2012 a recadación pasou a 415.037 euros, o sexa 40.105 euros máis que xa dan para non elevar as taxas. Isto é o que non expuso o goberno local no debate e si este concelleiro.
Non se pode acusar ás demáis adminstracións dos recortes e de adoptar medidas contrarias ao seu programa electoral, e logo facer o BNG o PSOE e TeGa o mesmo. As formacións que integran o goberno local falan de situacións catastróficas e da estabilidade orzamentaria. Pois Pontecesures pagou todo o que debía a 31 de decembro de 2011, non enviou ningunha obriga económica á administración do estado para o seu pago, non tivo que facer plan de axuste e non debe nin un euro de xuros entidades bancarias. O goberno anterior deixou pagos pendentes por actuacións básicas sí,. pero cun remanente de tesourería suficiente pagouse con normalidade todo o pendente como fi explicado no seu día.
En fin, que co aumento do IBI o asunto estaba solucionado sen tocar taxa algunha. E ademais para a estabilidade da que falan tamén sería importante reducir algunha ou algunhas das tres adicacións exclusivas que teñen os concelleiros do goberno. Resulta inaceptable para a veciñanza que nos suban as taxas dos servizos básicos mentres hai tres salarios de concelleiros no noso pequeno concello.
Pontecesures, 19/12/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
0 comentarios