Convocatoria da escola de nais/pais do CPI de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Programa de Educación para a Saúde e Prevención das Drogodependencias e Trastornos Adictivos. Este programa ten como obxectivo a promoción da saúde a prevención do consumo de tabaco, alcohol, outras drogas e a prevención do desenrolo de outros trastornos adictivos na pubertade-adolescencia; está organizado polo Concello e o C.P.I. de PONTECESURES.

Un dos novos problemas a que se teñen que enfrentar os nosos fillos/as e, o mesmo tempo, que nos temos que enfrentar como pais/nais é o uso das denominas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TICs): móviles, internet, redes  sociais, chats, Twenti, facebook, etc.

Os datos dos que dispoñemos mostran claramente que un importante grupo de nenos/adolescentes pasan máis horas das recomendadas diante de esas TICs, e na maior parte dos casos, os seus pais non o saben ou ben descoñecen as posibles consecuencias negativas que poden acarrearlle ese tipo de comportamentios os seus fillos; sendo a razón principal esgrimida por parte de moitos pais o descoñecemento, xa que son hábitos de consumo moi recientes. Así xurden problemas como poden ser o acceso a contidos nocivos ou ilegales por parte dos menores e a todo isto hai que añadirlle a telefonía da 3ª xeración, que supón una maior independencia e menor control por parte dos pais á hora de controlar a utilización que os seus fillos fan das mesmas, chegando a falarse xa en moitos casos de CIBERDEPENDENCIA.

Para falar deste tema, e sobre todo en que medida os pais/nais poden contribuir a que este programa de prevención sexa eficaz, convócase ás nais e pais a unha xuntanza:

M?RCORES 21 DE NOVEMBRO DE 2012 ÁS 19.30 HORAS NO CPI DE PONTECESURES.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.