A obra do gas da rúa Carlos Maside eternízase.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre o 22 de novembro comezou unha obra de canalización de gas cidade na Rúa Carlos Maside de Pontecesures. Xa no seu día expusen o risco que houbo ao quedar un oco ao aire na fin de semana do 24 e 25 de novembro, e agora obsérvase que a obra parece non ter fin cos conseguintes problemas para o tráfico, para o estacionamento de vehículos e cunhas chapas colocadas na rúa que provocan un considerable ruido ao pasar os coches e que molesta á veciñanza.

Enténdese que as obras sempre son molestas, pero ínstase ao alcalde e ao concelleiro de obras Ángel Souto Cordo para que xestionen coa empresa encargada da obra a activación dos traballos de canalización e da reposición do pavimento.

Hai que ter en conta que a obra está a afectar só a un treito da rúa Carlos Maside, pero todavía falta por comezar outro tramo (o que vai á praza dos Valeiros de Porto). Esperemos que nese haxa máis celeridade na actuación.

Pontecesures, 14/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.