Os días 22, 23 e 24 de maio, selección dos doce traballadores subvencionados pola Deputación.
O día 22 serán seleccionados os seis peóns de obras públicas, o 23 os catro de xardiñería e o 24 os dous de limpeza. Nos tres días as entrevistas serán ás 10:30 horas na Casa do Concello de Pontecesures.
A Oficina de Emprego de Vilagarcía fixo unha preselección e dirixiu un escrito a cada candidato para que se presente á selección na Casa do Concello.
Ata o momento, descoñécese a composición do tribunal municipal de selección.
Lémbrase que o contrato é a tempo parcial por 25 horas á semana cunha duración de seis meses dende o 1 de xuño. Os seleccionados non poden estar a percibir prestacións.
0 comentarios