En Pontecesures segue o Nadal: o alumeado dos lugares continúa acendido.

Publicado por Redacción en

Esta agrupación criticou a mediados de decembro a ausencia de alumeado de Nadal nas rúas principais da vila. Logo das queixas, a última hora, o día 21 de decembro de 2013 colocáronse sete arcos en ditas rúas, que aínda non foron retirados co que pode dicirse que despois de ser o último concello en colocar as luces imos ser o último en retiralas. Pero hai que decir que, alomenos, os arcos permanecen apagados dende o remate das festas.

Agora ben; o que resulta insólito é que onte, 14 de xaneiro, pola noite aínda estivera activado un bo número de elementos do alumeado navideño colocado polo concello nos distintos lugares de Pontecesures (Infesta, Condide, Porto..). Os veciños contemplan con sorpresa como están acendidos ditos elementos.

Por unha banda o concello nos transmite que quere aforrar en enerxía, e por outra despreocúpase totalmente destes detalles. O pasotismo do executivo local está chegando a cotas realmente preocupantes e transmítese unha sensación de abandono lamentable.

Polo o exposto, a ACP insta ao goberno local para que ordena que se apague e se retire todo o alumeado de Nadal instalado no municipio dunha vez por todas.

Pontecesures, 15/01/14

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.