A marxe do río Ulla no peirao de Pontecesures, lamentable.

Publicado por Redacción en

Mañá, 12 de xullo, chega pola tarde a comitiva da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla que remonta o río Ulla como todos os anos. Pois ben; a marxe do peirao de Pontecesures, como leva denunciando a ACP en moitas ocasións, continúa en estado lamentable. Hai maleza, desperdícios e incluso algún arbusto xa crecido que está a danar considerablemente o noiro de pedra do peirao e a impedir á vista do río por parte das persoas que percorren o paseo fluvial.

Portos de Galicia, pasa deste tema, a pesar dos numerosos escritos enviados, e o goberno local de Pontecesures, coa ineficacia habitual, non é quen de conquerir que se acondicione esta marxe do peirao como demanda a veciñanza. Resulta triste esta situación cando chegan polo río bastantes embarcacións con turistas e peregrinos e cando adestran a miúdo na zona os deportistas do Club Náutico de Pontecesures.

E incrible a imaxe que se vai dar da nosa vila á comitiva do remonte. Claro que isto pouco lle importa a un alcalde practicamente ausente que apenas xestiona nada no concello, e aos tres tenentes de alcalde a pesar de cobrar a súa exclusiva todos os meses.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Pontecesures

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.