Desde Padrón: «Non se debe seguir así».

Publicado por Redacción en

JOSECASTROCAJARAVILLE

Iso pensa a maioría de padroneses trala decisión municipal de suspender os festivais taurinos da Pascua. Lembremos que xa no 1916 se celebrou unha novillada con Manuel Escudero Barquerito de director. Pero en todo caso nos pareciu acertada a proposta de Teresa Rey, de Veciños, de someter á opinión do pobo tal decisión. Asemade se perdiu o servizo da piscina municipal climatizada; a casa dos Capeláns en Iria Flavia derrúbase pedra a pedra, o mesmo que en tantas outras casas en estado ruinoso do casco urbano; a transitada vía do Bordel e salientable tramo The Way, segue no penoso estado de fai tempo… E o pobo non acaba de espertar e pide aos seus gobernantes máis actividade municipal, con feitos e menos promesas.

Algúns grupos da oposición tratan de alertar con débiles propostas que non pasan dos bos desexos, pero visto está que non son suficientes para rexurdir dunha situación pouco alentadora. Pero «hai que levantarse!» Cabe pois unir criterios e meditar dando «un paso adiante» polo ben do noso pobo en xeral.

José Castro Cajaraville
El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.