Unha boa parte do alumeado público do peirao de Pontecesures está apagado dende hai semanas.
Dende a curva do Telleiro ata a rampla do varadoiro continúa inoperativo o alumeado público no peirao de Pontecesures. Non alumean nin as farolas do paseo marítimo nin as luminarias altas dos báculos situados na estrada. ? unha zona concorrida por moitos veciños (especialmente nos festivos que se aveciñan) e ademais hai unha explanada ocupada por camións que transportan e distribuen produtos da factoría de NESTL? situada na zona. Os condutores dos vehículos mostran a súa estrañeza pola falla do alumeado con que conta a zona incidindo no problema de seguridade que ocasiona esta deficiencia.
Se está a dar unha imaxe lamentable do municipio por parte das administracións. Nin Portos de Galicia nin o Concello de Pontecesures son quen de que se acometa a reparación deste alumeado. Algo realmente triste.
1 comentario
Tatavexo · 23-03-2016 a las 19:27
Toda a razón ten o exposto, abandono absoluto no muelle e en todo o pobo, nin portos, nin goberno local, merda e ruido de empresas, baches, charcos no terreo de Valga sempre…hai que emigrar