A coherencia dun cristián galego.

Publicado por Redacción en

JUANSALGADO

COMO derradeira referencia aínda viva ??malia non cadrar co calendario?? da Xeneración Nós, a moitos dos que tratou e acompañou no seu postreiro viaxe, o pasamento do Pai Isorna retrotraenos a un xeito de pensar e sentir o país no que galeguismo, cristianismo e universalismo non son máis que a expresión de un mesmo sentimento, o ??paradigma de un nacionalismo que rexeita os separatismos radicais e as fronteiras opostas á universalidade e á internacionalidade?, como deixou dito.
Recendo na ialma, ledicia no rostro, baril alento no peito, como definía o seu modo de sentir Galicia como Matria, o franciscán de Valga non concebía outro xeito de ver o mundo que dende o amor por a terra, por a lingua e por a cultura que nos son propias. E alí por onde pasou deixou sempre pegada e testemuña delo (??A lingua galega é un vieiro seguro para achegarnos entrañablemente a Deus, porque é como o sangue do corpo social?).
Si a evanxelización ??que levou por todos os continentes?? foi a razón de ser da súa vida, o periodismo foi a grande paixón que o acompañou e da que deu abondosas mostras en numerosos medios de comunicación, moi especialmente en este EL CORREO GALLEGO, dende 1947.
Home bo e pacífico, acolledor e afable, acompañou sempre o seu discurso co seu comportamento seguindo a norma e o exemplo do ??poverello? de Asís.
Cun permanente sorriso nos beizos (??paz e ben? era o seu repetido saúdo), a providencia dotouno dunha excepcional memoria que lle servía para repasar anécdotas da súa vida pródiga en acontecementos e vivencias, facendo máis amenas as tertulias das que era amigo e nas que, a cada pouco, introducía a referencia evanxélica ou a cita relixiosa, que permanente era o seu afán catequético, alí onde estivera.
Con todo, si algunha verba resume por encima de outras a propia esencia do pai Isorna esa non é outra que o amor (??o amor crea cultura, crea civilización, crea felicidade. Por iso alí onde hai odio, hai morte e disensión?).
E foi ese amor franciscán o que fixo posible que, nun hortodoxo como él nas crenzas relixiosas, soubera entender o cristianismo máis dende a comprensión que dende o rigor da lei.
E cando foi preciso, que o foi máis dunha vez, que prevalecera o home sobre a norma, soubo estar á altura. Nese senso podese afirmar, con razón, que foi predecesor de moitos dos comportamentos que hoxe admiramos no actual Papa de Roma.
Descanse na ben merecida paz de Deus o entrañable amigo.

JUAN SALGADO
El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.