O Concello de Pontecesures repartiu as mascarillas.

Publicado por Redacción en

ONTE MÉRCORES PERSOAL MUNICIPAL REPARTIU 750 CARTAS CONTENDO 2 MASCARILLAS PARA CADA PERSOA MAIOR DE 60 ANOS EMPADROADA NO CONCELLO DE PONTECESURES. Tamén repartíronse mascarillas a aquelas persoas que a traballadora social ten catalogadas coma «dependentes». Indicar que as cartas entregáronse nos domicilios onde as persoas figuran coma EMPADROADAS. Moitas desas cartas quedaron depositadas nos buzóns das vivendas. Indicar tamén que nuns dias revisaremos o padrón de habitantes para que a aquelas persoas que cumplan os 60 anos proximamente se lle acheguen estas mascarillas igualmente. E por último, se alguén, polas razons que foran, non as recibiu, pode chamar ao concello a partir do luns dia 13 de abril para comprobalo e que se lle acheguen ditas mascarillas. RECOMÉNDASE O SEU USO POR PARTE DESTES COLECTIVOS (PERSOAS CON MAIS DE 60 ANOS E DEPENDENTES) CADA VEZ QUE TEÑAN QUE SAIR DO SEU FOGAR. Coidémosnos entre tod@s para que isto non pase de lado sen afectarnos. E por favor, non saiades da casa nada máis que para o imprescindible, e sen abusar… Tempo teremos de vernos polas rúas de novo.

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

3 comentarios

Vecino cabreado · 9-04-2020 a las 13:33

Bos días, o Sr. Alcalde sigue reiterando que as mascarillas que está repartindo son de tipo FFP2. Pois decir que consultado con un profesional, estas mascarillas son as tipo quirúrxicas non as FPP2 que dixo que lle donara a nestlé. Entón si está repartindo as quirúrxicas onde están as outras?. A non ser que o Sr. Alcalde non sepa diferenciar unhas das outras, con esto non quero dicir que as quirúrxicas non protexan, pero son diferentes. Por poñer un exemplo: un carro de vacas e un camión son dous medios de transporte de mercadurias pero a diferencia creo que e bastante significativa.
Que quede claro que esto é un comentario de algúen que agradece igualmente o reparto de material entre a veciñanza, porque é necesario que nos protexamos todos.
Un saudo e a coidarse.

maria · 10-04-2020 a las 09:48

Bo día. As mascarillas quirúrxicas non protexen a persoa que as leva postas. Esas mascarillas sirven para protexer o resto de persoas que están o seu arredor. Pola contra, as mascarillas FFP2 protexen a quen as leva postas (filtran un 92% de partículas), e se non levan válvula tamén protexen a quen está o seu arredor. No caso de que leven válvula o aire expulsado sae para fora e pode sair «bichiños» pola válvula, contaminando a quen está o seu arredor. Un saúdo.

Vecinoresignado · 11-04-2020 a las 06:50

Un vaso es un vaso y un plato es un plato….

Responder a maria Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.