BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO, DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL.
No dia de hoxe, 8 de outubro, publicáronse no BOPPO as seguintes bases para a «CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO, DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL».Tal e coma se establecen nas mesmas, o prazo para presentar a documentación empeza a contar ó dia seguinte da publicación do anuncio no BOP, polo que mañá venres 9 de outubro e o primeiro dos cinco días hábiles para presentar dita documentación.O prazo remata o vindeiro venres día 16 de outubro (incluído).As bases pódense consultar no seguinte enlace:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1520

NOTA ACLARATORIA
A base segunda no apartado f) establece que a titulación esixida para optar á cobertura do posto de Traballador/a Social será o grao ou diplomatura en traballo social ou titulacións equivalentes.Tras consultar co Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, o termo de «EQUIVALENTE» entenderase referido exclusivamente ás titulacións de igual natureza obtidas no extranxeiro debidamente homologadas.
0 comentarios