Os nacionalistas de Pontecesures cargan contra o polígono e agradecen o labor de Bará.

Publicado por Redacción en

A nova da Voz recolle a nosa postura sobre o polígono. Grazas ó noso parlamentario Luis Bará pola proposición non de lei que vén de presentar no Parlamento e o noso apoio ós veciños afectados por este sinsentido.

A división do terreo en parcelas dunha superficie determinada (unha delas 61,000 M2) afianza a sospeita que esta feito a medida de empresas moi concretas por moito que o señor Seage repita nos plenos e ós propios veciños que él non sabe nada.

Se llo permitimos, borrarán e encherán de formigón unha zona chamada a convertirse no pulmón verde de Cesures, cun potencial turístico de calidade difícil de cuantificar.

A perda de calidade de vida dos veciños (contaminación acústica, ambiental e visual) e a degradación da zona urbanizada da Terroeira é indiscutible.

Quen, aínda así, xustifique a creación de postos de traballo debería considerar que o qué, con moita certeza, vai producirse aquí é o traslado de traballadores, non a creación de novos postos, nun entorno industrial que, a cambio, vai converter Cesures nunha vila fumegante e contaminada na que moi pouco xente vai querer vivir.

A cidade dormitorio na que Seage quere convertir a Cesures, idea da que falaba fai uns anos nun debate electoral en Canal Rías Baixas, está, co «ecopolígono» cada vez máis cerca.

BNG Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

charly · 19-06-2022 a las 17:50

os ,do bloque sempre a armala, xa fai tempo perderon,toda autoridad non teñen autoridad para decir nada, quen lle vay dar traballo os nosos fillos. van o gran sol.
como o poligono marche,para outro lado, os responsables seredes vox, e perderase, unha ocasion unica, señores comunistas, de herba seca

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.