O BNG de Pontecesures amosouse moi activo no trámite das alegacións contra o polígono.


Amteonte, 27 de Xullo, non se nos permiteu meter por Rexistro 50 (co fín de non colapsar a entrada ó mesmo) das 109 alegacións que recollemos. Tentamos falar coa secretaria para explicarlle que as alegacións cumplían todos os requisitos pero fixo caso omiso. Asemade, enterámonos que outros veciños tiveron que desprazarse ós concellos de Padrón e Valga para presentar as súas alegacións sen que lle puxesen impedimento ningún e sorprendidos os funcionarios de ditos concellos da actitude pouco colaborativa do concello de Pontecesures.
Onte, 28 de Xullo, volvemos ó concello solicitando a entrada por rexistro das alegacións do BNG e, cal é a nosa sorpresa, HOXE SÍ poden presentarse porque decidiron informarse despois de que presentásemos unha queixa formal ante este atropelo que só busca entorpecer e obstaculizar a presentación de alegacións.
Falta coñecemento e información no equipo de goberno pero,sobre todo, falta MOITA humildade e sobra prepotencia e soberbia e, coma sempre, quen o paga son os veciños.
BNG Pontecesures
0 comentarios