Valga celebra os 102 anos de Regina Grela

Publicado por Redacción en

É a veciña máis lonxeva da localidade

Regina Grela é, dende esta semana, a muller máis lonxeva de Valga. Así o acreditan os 102 anos que vén de cumprir. Só Hipólito Cerqueiras, que fixo os mesmos anos hai unhas semanas, supéraa en idade. Con motivo da conmemoración, o alcalde, José María Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio xunta as concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna. Os catro entregáronlle un ramo de rosas, unha torta e doces en nome de todos os seus conveciños. Loitadora e traballadora, Regina prestou os seus servizos durante máis de vinte anos na extinta cerámica Novo y Sierra.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.