Pontecesures súmase ao servizo de orientación laboral que presta o Concello de Valga.

Publicado por Redacción en

A oficina ofrece un diagnóstico individualizado dos demandantes de emprego na procursa da súa inserción no mercado de traballo

Os Concellos de Valga e Pontecesures veñen de asinar un convenio de colaboración para a prestación do servizo de orientación laboral a persoas demandantes de emprego. As accións que se ofrecen a través deste servizo inclúen un diagnóstico individualizado e a elaboración do perfil ocupacional das persoas demandantes de emprego; o deseño de itinerarios personalizados para o emprego e acompañamento no seu desenvolvemento; deseño, planificación e execución de acción grupais de orientación laboral que poidan ser de interese; asesoramento e axuda na elaboración dun currículo; información sobre a situación do mercado de traballo, as políticas activas de emprego e a oferta formativa e o apoio á xestión da mobilidade laboral.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.