O Bloque valgués convoca unha asemblea aberta para artellar unha lista na vila.

Publicado por Redacción en

O vindeiro sábado, ás sete da tarde, no edificio da Plazuela de Ponte Valga o BNG celebrará unha asemblea que estará aberta á participación de todos aquelas persoas que queiran asistir, e que sintan «que poden aportar ou que queiran formar parte da construción do proxecto do BNG para Valga». Os nacionalistas consideran que o concello precisa un cambio de rumbo, «un cambio de raíz, un cambio de modelo de xestión», e que por iso queren poñer en marcha «un proxecto transformador para Valga que mellore a calidade de vida, sexa realmente democrático, igualitario e antipatriarcal que poña en valor o patrimonio e a natureza,,,». «No BNG de Valga, consideramos que hai bimbios suficientes para artellar unha candidatura que aborde con seriedade os retos do presente e do futuro de Valga» dí a formación nacionalista.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.