O PSOE de Valga lamenta o non do PP a un plan para promover o galego nos cemiterios.

Publicado por Redacción en

No último pleno celebrado pola corporación de Valga o PSOE presentou unha moción para a aprobación e posta en marcha dunha campaña municipal de promoción do uso do galego nos cemiterios, esquelas, epitafios, e en todo o relacionado co momento do falecemento. Segundo María Ferreirós «trátase dunha anormalidade cultural que as esquelas e epitafios se escriban en castelán mentres que a maior parte da poboación emprega normalmente o galego na súa vida cotiá». A proposta socialista buscaba que o Concello de Valga realizase una campaña de sensibilización «que reunira ao sector funerario, igrexa e veciñanza». A proposta foi rexeitada polo goberno local, «que tamén imposibilitou o debate desta cuestión», Segundo o PSOE queda demostrado que «non existe un mínimo interese para crear accións culturais senón existe unha subvención doutras administracións».

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.